A Gondomar ca ilusión por bandeira

Unha volta enteira de competición cúmplese mañá da nosa primeira victoria ligueira. No Monte da Aira e contra o Gondomar, conseguimos o noso primeiro +3. Dende aquelas ata o día de hoxe moito cambiou na maneira de encarar a competición no noso senior. Antes a intención era tratar de competir cada partido, con traballo, moita cabezonería e moito moitísimo orgullo ese obxectivo cumpliuse con creces, chegado a este punto agora as nosas senior están nun momento de forma no que o obxectivo xa é pelexar polo partido esté quen esté no campo contrario.

Horario matinal para un partido importante pensando na clasificación para o playoff

A xornada de descanso esperemos non nos cortara a boa xeira que tíñamos de xogo e resultados e viaxamos a Gondomar ca única baixa por lesión de Carlota e a dúbida ata o último momento de Alba Rodríguez por motivos laborais.

Check Also

Vitoria CF ‘B’–Rosalía: desafío maiúsculo ante o líder

O noso equipo afronta esta tarde na Grela a 18ª xornada do campionato (18.00 h; …

Ir o contido