Disfrutaron do último viaxe os nosos dous equipos da Liga Galega Promesas, con distintos resultados, pero con algo en común… pásano pipa en cada desprazamento.
O sábado viaxou o Promesas “A” de Alba Rodríguez a Mos, xa campionas de grupo puideron desfrutar do detallazo da xornada, o pasillo co que as xogadoras da UD Mos as recibiron á entrada no campo. Un detalle que as nosas rapazas recordarán sempre con orgullo e moito agradecemento o clube olívico.
Encarrilaron cedo as xogadoras do “A” o encontro, voltou Xiana Cuquejo a convocatoria despois de dous meses de lesión e a nosa capitana Lucía Pérez tivo un bonito xesto ao cederlle o brazalete de capitana para este encontro a Cuquejo. Bonitos xestos do día a día das nosas xogadoras que nos fan sentir moi orgullosos delas, xa que non todo é meter goles…
O domingo madrugaron as peques de Juanma Bello para disputar o seu partido fronte o Interrías na Lanzada. As de Juanma levaron o peso do xogo e do partido pero a pelota non quixo entrar nos tres paos e o Interrías si que foi quen de materializar unha das súas ocasións. Unha xornada máis unha apretada e inmerecida derrota para un grupo de xogadoras que mellorou un montón e que de seguro seguirán a facelo na segunda fase.
Os seguintes compromisos ligueiros serán os que pechen a primeira fase da competición. O próximo domingo dende as 10:00 o Rosalía “A” recibirá ó Viaxes Interrías e o mesmo día e a mesma hora o Rosalía “B” recibirá ao Atlético Arousana que ven ca necesidade de gañar para manter a terceira plaza. Estamos seguros de que as pupilas de Juanma lle van a por as cousas moi complicadas.