As senior sufren a primeira derrota da tempada ante o mellor equipo da competición

Chegaba o líder SD Chispa ao Monte da Aira na terceira xornada, un moi bo e traballado equipo que o ano pasado incomprensíblemente se lle escapou o ascenso. 

O partido foi un auténtico partidazo, impropio da época da tempada no que se produciu, na tercera xornada vivimos 90 minutos de moita intensidade e bo fútbol por parte dos dous equipos e o noso conxunto ofreceu unha gran imaxe e sufriu un castigo demasiado elevado en forma de resultado final. 

A primeira parte foi de poder a poder, as nosas moi ben plantadas ofreceron moita máis resistencia da esperada e sorprendían a un Chispa que se veía incapaz de crear ocasións de perigo fronte a meta defendida por Rocío. O infortunio cebouse cas nosas e a vinte segundos do pitido final, na única ocasión que o Chispa tiraba entre os tres paos, adiantouse no marcador. Un mazazo para as nosas xogadoras que xa nin puideron sacar de centro. 

A segunda parte seguiu ca mesma tónica, partido de poder a poder e as nosas enfrontándose o que sen dúbida ningunha foi o mellor conxunto feminino ao que nos temos enfrentado dende que temos o noso equipo senior.

Sentencia nos derradeiros minutos

Contra o final chegaron dous castigos (m.82 e 92) en forma de goles que deixaron no marcador un excesivo 0-3 e que nos fai rematar estas tres primeiras durísimas xornadas con 4ptos. A partir de agora comeza a verdadeira liga do Rosalía, o domingo visitamos Cambados e a partir de agora o traballo das nosas xogadoras o que non hai nada que recriminarlle é o que vai poñelas na zona clasificatoria que se merezan.

DATOS DO PARTIDO:

 

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content