A EFF Rosalía mídese ao Milagrosa no segundo partido de preparación

As azuis continúan coa súa posta a punto e mídense a un conxunto lugués, na súa estrea en Oira, no segundo test de pretemporada.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta mañá ante a SDC Milagrosa no Municipal de Oira o seu segundo test de pretemporada (12:00 horas). As azuis, tras enfrontarse ao Sárdoma ‘B’ en Vigo, continúan coa súa posta a punto con outro partido de preparación enmarcado na posta en práctica do adestrado durante a semana.

Ambos conxuntos xa se enfrontaron en competición fai dúas campañas, demasiado tempo para tomar como referencia eses choques. De feito, nas pontinas xa non están moitas xogadoras nin tampouco o corpo técnico. Aquí, en agosto de 2022, Tobaruela segue co seu traballo de axustar as súas pupilas ao sistema de xogo que o técnico quere desenvolver no campo durante esta campaña.

A convocatoria de 16 xogadoras conta coas novidades destacables de Valeria e Cuquejo. Xa avisou Tobaruela que habería rotacións na convocatoria “as rotacións están presentes, para evitar sobrecargas e para ver como xogan as xogadoras en segundo que posición”. Estás son as citadas polo técnico para o compromiso de mañá:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Noa, Matilde, Feijóo, Laura Añón e Sabela.
Centrocampistas: Bonjoch, Cuquejo, Aldarita, Candela Bouzas e Aroa.
Dianteiras: Noui, Zaira, Victoria e Silvia.

O senior estreará ano va equipación de local no primeiro amigable no Municipal de Oira.

O partido servirá de estrena das novas equipacións ante os nodos afeizoados, despois de ser presentadas no pasado mes de xullo co novo patrocinio de Ganadería JPD.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content