Tobaruela: “O equipo aínda está en fase de adaptación”

“Faltan semanas de adestramento”, añadiu o técnico.

Pere Tobaruela atendeu aos medios oficiais do club tras o último amigable da pretemporada. O técnico analizou o partido contra a Milagrosa: “Foi un partido controlado con e sen balón no que as xogadoras recentemente incorporadas dispuxeron de minutos para adaptarse ao equipo”.

“Estamos en fase de adaptación e hoxe puxemos en práctica un sistema de xogo diferente ao anterior partido. Notouse a falta de ritmo e que estamos cargando nos adestramentos. Aínda temos moito que mellorar, mais estamos niso”.

Moita diferencia no marcador
“A Milagrosa esixiunos bastante menos que o Sárdoma B a semana pasada. Fomos superiores de principio a fin e iso permitiunos traballar algúns aspectos do xogo, principalmente ofensivos, que co Sárdoma B non puidemos levar a cabo”.

Estado do equipo
“O equipo aínda está en fase de adaptación. Estamos lonxe do noso punto de máximo rendemento. Faltan semanas de adestramento”.

“A pretempada está para facer probas”

Pere Tobaruela, adestrador EFF Rosalía senior

Distintas posicións
“A pretempada está para facer probas en moitos sentidos, unha delas que as xogadoras xoguen en diferentes posicións. Iso, a longo prazo, beneficiará a nosa riqueza táctica”.

Moito calor
“O exceso de calor sempre merma as capacidades físicas. Pero estou contento coas xogadoras porque loitaron na medida das circunstancias e as súas posibilidades”.

Seguinte partido, Victoria FC
“Este domingo xogaremos contra o Victoria ‘B’, un equipo que milita na Primeira Galega e que, sen dúbida algunha, vainos esixir desde que asubie o árbitro. A ver como respodemos. En todo caso vai ser un experiencia positiva para nós”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content