A EFF Rosalía pecha o primeiro tramo de competición co ‘derbi da A-52’

As de Pere Tobaruela mídense ao décimo clasificado en busca dunha vitoria que mantega ás nosas na loita polo primeiro posto.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía visita mañá ao Cañiza CF. As pontinas, que afrontan un novo derbi tras o provincial da semana pasada, loitarán polos tres puntos ante un dos equipos da parte baixa da táboa. Non será nada fácil, é un derbi, xa que as cañicenses conta con varias xogadoras con moita experiencia no fútbol autonómico feminino.

Pero mañá será un partido novo, unha batalla distinta á do domingo pasado nas que as de Pere Tobaruela buscarán precisamente iso, máxima competitividade e dominar o xogo nun escenario que se llevó deu ben na única visita ata o momento o pasado 10 de abril. Tamén na derradeira xornada, as pontinas gañaron por 0-3 con dobrete de María (agora no Arenteiro) e Sabela. É por iso que se afronta como un reto e unha boa oportunidade para continuar crecendo nos diferentes matices. Cabe destacar. que nesta primeira volta e a pesar de a derrota fronte ao líder, o noso equipo presenta bos números a domicilio cun balance de catro vitorias e unha derrota (24 goles favor e 3 en contra). Así pois, esa debe ser a liña desde o minuto un ante un rival que seguro quere cambiar a dinámica das últimas xornadas.

En declaracións aos medios oficiais do club, o técnico destacou: “estou preparando un partido no que temos que volver a recuperar unha cousa que o outro día votei de menos no partido contra o Arenteiro, que foi a posesión do balón, a calma exacta para poseer o balón e finalizar adecuadamente”.

CONVOCATORIA EFF ROSALIA
Porteiras: Rocío.
Defensas: Laura, Lú, Yadira, Sabela, Noa, Matilde e Silvia Sampayo.
Centrocampistas: Candela, Aldarita, Bonjoch, Ester e Feijóo.
Dianteiras: Zaira, Noui e Vicky.

Cañiza
O rival no denominado ‘Derbi da A-52’, Cañiza, chega á Augas Ferreas tras sumar tres vitorias e oito derrotas no comezo de Liga. Natalia De Alejandro, con 6 goles no campionato, é a súa máxima anotadora. O noso rival chega ao ‘derbi’ tras cultivar catro derrotas (Pontellas, Vilariño, Guardesa e Lóstrego ‘B’) e unha vitoria fronte a Balaidos.

Con todo iso e coa arbitraxe da colexiada do comité técnico vigués XXX, a cita da décimo terceira xornada dará comezo ás 12.00 horas no Campo de Fútbol de Aguas Férreas.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content