Tobaruela: “Temos que seguir sumando de tres todo o que poidamos”

“Saimos do derbi ourensán e agora metémonos no da ‘A-52’. Tivemos un primeiro de moi esixente, dous partidos moi esixentes e a Liga continua e temos que ir alí á Cañiza a disputar ese outro derbi”, explicou o técnico.

Vídeo: Roda de prensa completa

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao último adestramento previo ao partido da décimo terceira xornada de Liga (12.00 h; Augas Férreas). O técnico analizou o encontro na Cañiza: “Esta claro que nós temos que seguir o ritmo do líder, do Lóstrego. Temos que seguir sumando de tres todo o que poidamos porque, de cara á fase de ascenso, quedar en primeiro lugar ou en segundo lugar, varía”.

“Eso quere decir, ter a oportunidade de xogar mais veces na casa, entón non temos outra, se queremos nesa fase de ascenso, en certa maneira vai ser cara ou cruz, pódela desputar en Oira, asegurámonos, se quedamos primeiras, xogar moitos mais partidos en Oira”.

Intensidade rivais
“Eu creo que a intensidade nesta Liga aumentou, excepto dous ou tres equipos que están un pouco descolgados, eu teño a constatación, primeiro se xoga con mais intensidade e o nivel de competición subiu e tamén subiu outra cousa, dende o punto de vista dun adestrador é importante, o coñecemento dos rivais e o coñecemento dos rivais quere decir que os equipos cando xogan contra nós xa utilizan unhas tácticas determinadas para facernos fronte e eso tamén é inrequecedor porque, en definitva, eso vai ser o que nos imos atopar na fase de ascenso e chegar a esa fase  de ascenso pasandóo peor e competindo mais é moi positivo”.

Primeira volta
“Antes de ir á Cañiza, que é o último partido, eu, na casa, fago unha valoración moi positiva desta primeira volta, non só polo feito de gañar todos os partidos, senon que ningún equipo conseguiou meternos un gol, eso é moi importante. Fora, tamén fago unha moi boa valoración porque tivemos alguna saida difícil e o único borrón que puidemos ter foi  derrota contra Lóstrego 1-0, nun partido que puido caer ao noso favor. Eso non quere decir que algún outro partido na casa tamén as pasamos canutas, estou recordándome do Pontellas que nos fixo sufrir moitísimo na casa”.

“Temos un equipo en progresión, pero moi novo que ten que seguir madurando”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía

Dinámica
“A dinámica que vexo nas xogadoras é aprendisaxe e progresión. O que pasa é que tamén vexo o que pasou neste último derbi. Son xogadoras moi novas, somos un equipo, parece unha escusa pero é unha realidade, este é un equipo no que temos moitas xogadoras que ainda teñen catorce anos e eso non é ser novo, é ser moi moi novo. Eso que comporta na práctica, que as veces diante dunha situación como a que se deu o outro día no derbi, o feito de que a experiencia é un grao, a sabiduría popular está para escoitala, e a falta de experiencia nese sentido que non poidan desenvolver todas as suas habilidades. A valoración que fago é un equipo en progresión, pero un equipo moi novo que ten que seguir madurando”.

Temporal
“Cada semana ten as suas peculariedades en canto a adestramentos, que si gripes, si baixas por lesións este ano por sorte creo que estamos planificando ben e toquemos madeira pero seguimos sen ter lesións importantes, un par de sustos e nada mais. Esta semana, este temporal está afectando sobretodo porque somos un club que temos unha tesitura especial, ser de Ourense e un club que aglutina a xogadoras da contorna de Ourense e algunas viven a bastantes quilómetros de distancia, falo de Maceda, de Xunqueira de Espadanedo e claro, alí son puntos no que o temporal está azotando e hai xogadoras que non van a poder vir por culpa da neve”.

Remate primeira volta
“Eu estou preparando un partido no que temos que volver a recuperar unha cousa que o outro día votei de menos no partido contra o Arenteiro, que foi a posesión do balón, a calma exacta para poseer o balón e finalizar adecuadamente. Estamos traballando niso e agardo na Cañiza, que ten un par ou tres de xogadoras moi experimentadas e xogadoras duras no bo sentido da palabra, pero estou preparando unha táctica creo que para contrarrestar o que facer e conseguir os tres puntos alí”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content