A pola vitoria ante o San Mateo

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía recibe ao conxunto pontareán na 24.ª xornada do campionato (12.00 h, Youtube RosalíaTv).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta mañá un novo compromiso de Liga no Municipal de Oira. As de Tobaruela mídense ao San Mateo na 24.ª xornada do campionato (12.00 h, Youtube). Un visitante esixente, o cuarto clasificado, que obrigará ás de Pere Tobaruela a ofrecer a súa mellor versión para lograr os tres puntos. antes de afrontar o derbi ourensán contra o Arenteiro, que se disputará en Carballiño a próxima fin de semana.

O noso equipo, que gañou os seus tres compromisos do mes de abril ante Ponteareas (0-7), San Roque (4-0) e Porriño (0-2), buscará a súa vixésima vitoria no campionato. En fronte, as de Ramón Bastos, que comezaron o mes gañando fora da casa ante Vilariño (4-1), lograron vencer a domicilio fronte Guardesa (4-5) e experimentaron un exercicio de máxima competitividade a pesar de caer ante o Lóstrego (0-5). Enfronte pois un equipo que sempre dá a cara. O vivido na primeira volta debe servir como aprendizaxe, naquel duelo onde o cadro de persoal pontino adxudicouse o triunfo tras o seu bo comezo da segunda parte, con tres goles antes de chegar ao cuarto de hora.

Como é habitual antes do último adestramento semanal, o técnico Pere Tobaruela analizou o que espera do encontro “San Mateo ten un medio do campo moi potente e saben ao que xogan”. Para este novo encontro na casa, Tobaruela non poderá contar con Yadira e Feijóo, que comezarán os procesos de recuperación das súas lesións, pero recupera a e Laura de volta tras a ausencia no último compromiso. Así, ao lista completa fórmana:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Karla.
Defensas: Matilde, Noa, Laura, Lú e Sabela.
Centrocampistas: Aroa, Candela, Aldarita, Ester e Bonjoch.
Dianteiras: Noui, Zaira, Vicky e Clau.

San Mateo
O conxunto capitaneado por Pilar Andrade está a realizar unha sólida campaña, que lle permite estar nos postos de fase de ascenso. Conta cun balance de 13 vitorias, 3 empates e 5 derrotas. A domicilio só perdeu dous encontros no que vai de Liga. No apartado goleador son o segundo equipo máis realizador con 109 dianas. Carolina Martínez é o seu máximo goleadora no campionato con 26 dianas, seguida de María Estévez con 24.

A vixésimocuarta xornada da 2.ª División Autonómica Feminina dará comezo para as pontinas ás 12.00 horas no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado Jose Luis Abadín Fernández e con RosalíaTv seguindo en directo as evolucións do primeiro equipo.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content