Tobaruela: “Creamos ocasións e erramos bastantes”

“Agora estamos traballando na finalización, para mellorar neste sentido”, indicou o técnico.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal de Oira tras o duelo ante o Santo Mateo, correspondente á xornada 24 de Liga: “Hoxe xogamos contra un San Mateo que realizou un bo partido. Trátase dun equipo cun centro do campo potente e precisamente aí foi onde estivo a chave do encontro. Dominar a medular era importante. Neste sentido estou satisfeito do traballo das xogadoras”.

Vitoria importante
“Sumar de tres ante unhas rivais que nos puxeron as cousas ben difíciles é importante. É de feito un indicativo de que o equipo está madurando e é capaz de conseguir a victoria nun encontro incómodo”.

Sufrimento nos últimos minutos
“Está claro que sempre tes que chegar ao tramo final do partido cunha diferenza que che permita xogar con tranquilidade. Elas puxéronse a un gol a falta de catro minutos, pero o noso equipo respondeu ao marcar o terceiro e definitivo”.

Falta de acerto cara porta
“Creamos ocasións e erramos bastantes. O importante é crear. E agora estamos traballando na finalización, para mellorar neste sentido”.

Xogadoras fora de sitio, custou adaptarse
“A EFF Rosalía é un club estruturado de maneira que o equipo sénior sempre dispón de xogadoras. Polo que fai aos cambios de posición de xogadoras, nos adestramentos tamén buscamos esa polivalencia. Hai xogadoras que renden moi ben nun posto determinado, iso non quere dicir que se coma hoxe as circunstancias o requiren tamén poden aportar noutra posición no campo”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content