A Escola de Fútbol Feminina Rosalía visita a Unión Guardesa na 18.ª xornada de Liga (11.00 h, Municipal da Sangriña)
Novo partido de Liga para a Escola de Fútbol Feminina Rosalía. O noso equipo visita o Municipal da Sangriña na 18.ª xornada de Liga (11.00 h, domingo). Tras a vitoria do pasado domingo fronte ao Vilariño no Municipal de Oira, as de Tobaruela enfróntanse a Unión Guardesa co obxectivo de continuar un mes de marzo con dous triunfos ligueiros antes de afrontar o partido entre primeiro e segundo clasificado a próxima semana con ventaja na táboa clasificatoria, xa que en caso de vitoria das nosas, o senior colocaríase líder con dos punto de ventaxa sobre as gondomaresas, ao ter xornada de descanso esta semana.
Rosalía afronta unha esixente saída á Guarda coa intención de sumar os tres puntos. Para iso, será importante manter o bo nivel ofensivo e defensivo dos últimos compromisos. Noso equipo encadea os catro encontros da segundo volta marcando 26 goles sen recibir ningún: Gondomar (0-14), Balaidos (9-0), Pontellas (0-1) e Vilariño (2-0). Na primera volta custou adiantarse no marcador, Feijóo marcou no minuto 34′ e Bonjoch no 40′, sentenciando na segunda metade cos goles de Zaira (67′) e Ester (82′).
“Esta claro que durante a Liga, igual que evolucionamos nós, todos os equipos evolucionan e por iso sempre hai que estar atentas e preparar os partidos ben para controlar todos estes aspectos”, declarou Tobaruela na rolda de prensa previa á visita ao Municipal da Sardiña. O técnico conta na convocatoria con Ester, que volve tras varias semanas. A ourensana xa suma 8 tantos esta tempada. Outra das novidades é Karla, porteira do Infantil que enlaza dudas semanas na convocatoria.
CONVOCATORIA EFF ROSALIA
Porteiras: Rocío e Karla.
Defensas: Laura, Lú, Sampayo, Noa e Feijóo.
Centrocampistas: Candela, Aldarita, Bonjoch, Sabela e Ester.
Dianteiras: Noui, Zaira, Vicky e Chao.
Guardesa
O rival da Escola de Fútbol Feminina Rosalía mañá está a callar unha boa tempada no seu primeiro ano na categoría. Arrincou a xornada na oitava posición da liga cun balance de seis vitorias, un empate e oito derrotas. Tres deses triunfos chegaron no seu campo. Ademais, Guardesa enlaza tres vitorias no últimos cinco partidos, sendo as súas máxima goleadoras Elizabeth e Daniela con 7 e 6 goles respectivamente.