Tobaruela: “As nosas xogadoras souberon encarreirar desde o principio o partido”

“Foi un partido intenso diante dunhas rivais que foron de menos a máis”, añadiu o técnico.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal da Sangriña despois da vitoria da Escola de Fútbol Feminina Rosalía na 18.ª xornada de Liga: “Seguimos sumando de tres nun momento que hai que facelo si ou si para manter a presión ao Lóstrego. Nese sentido, moi satisfeito, aínda que son consciente de que hai pequenos erros que hai que corrixir”.

Partido sentenciado no primeiro cuarto de hora
“Si, soubemos aproveitar o primeiro cuarto de hora, no que as rivais non estiveron abondo intensas para contrarrestar o noso xogo”.

Solided defensiva
“É un dato moi importante, e máis para un equipo como o noso que asumimos riscos avanzando a liña defensiva”.

” O liderato hai que refrendalo este domingo en Oira”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Liderato provisional
“Con a vitoria hoxe, sumado a que Lóstrego ‘B’ descansaba, logramos un liderato provisional que hai que refrendar este domingo no partido en Oira contra o Lóstrego”.

Meter presión ao Lóstrego ‘B’
“É moi importante chegar cunha racha positiva antes dun partido que, sen dúbida, vai ser complicado. A ver se somos capaces de manter a racha. Eu neste sentido confío nas xogadoras”.

A situación actual do equipo
“Sumar de tres cada partido durante tantas semanas seguidas non é unha empresa fácil. Os rivais cada vez nos coñecen mellor e iso complica os partidos”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Ir o contido