Aida, renovada unha tempada mais

A centrocampista asinou o contrato na sede da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía acompañada polo presidente Mario Gómez.

Aida Ochogavias (Ourense, 2002) asinou a sua renovación de contrato na sede da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, acompañada polo presidente Mario Gómez. A centrocampista queda vinculada ao noso club ata o 30 de xuño de 2022, ampliable a outro ano máis por obxectivos.

Aida, a máxima asistente do equipo, completou a súa primeira campaña vestindo de azul, na que participou en dez encontros oficiais entre fase regular e playoff, saindo no once inicial en todos menos na sua estrea, na primeria xornada fronte ao Lalín. Un ano prolífico tamén de cara a portería xa que enviou o balón ao fondo das redes en tres ocasións.

O presidente amosábase moi satisfeito pola confianza de Aida no clube: “A tempada pasada para nós foi unha sorpresa total que se decidira por nós, personalmente estou encantado ca súa renovación, trátase dunha xogadora que ama este deporte e eso adivínaselle en canto a ves tocar un balón. Ogallá esta tempada sexa moi boa para ela porque é o estilo de xogadora que si está ben o equipo é moito máis forte”.

Unha vez asinado o novo contrato, a ourensá atendeu aos medios do club cun sorriso que reflectía a súa felicidade “Estou moi feliz de seguir no Rosalía, o ano que vén hai que meter unha marcha máis” e “a verdade é que o recibimiento da tempada pasada foi inmellorable e sentinme moi a gusto tanto coas compañeiras como co corpo técnico e directiva. Ao final, os tres meses fixéronseme moi curtos e quedeime con ganas de máis”.

“A tempada pasada competimos moi ben e houbo boas sensacións. Así que para esta tempada espero que se manteñan, melloremos os pequenos erros agora que temos un pouco máis de experiencia e consigamos o obxectivo que temos que é ascender”, sinalou a centrocampista ao falar desta próxima campaña.

Desde o club, desexamos o mellor, tanto no deportivo como no persoal, á ourensana.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content