A xogadora do primeiro equipo feminino Saray Alonso finaliza a súa etapa como azul.
Saray (Ourense, 2003) despídese tras dúas tempadas no club. Chegou logo de formarse no fútbol-sala na tempada 2019-2020, a segunda que o equipo senior disputaba na 2ª división autonómica galega. Recambio habitual na banda dereita do ataque azul, desputou un total 14 de partidos nas duas tempadas no plantel do equipo senior.

A centrocampista marcou un total de catro goles nas dúas tempadas que estivo no club. Sendo a máis prolífica a pasada campaña con tres en cinco partidos. Dos 14 partidos que disputou, foi titular en catro. Converténdose nunha xogadora de refresco para as suas compañeiras.
A ourensá desvincúlase desta maneira da EFF Rosalía por decisión persoal. Desde o club agradecemos a sua implicación.
¡Moitas grazas polo teu esforzo e compromiso!





