Ainara amplía o seu contrato ata 2022

A centrocampista azul formou parte do primeiro equipo a pasada tempada e continuará ampliando a súa relación co club durante a próxima campaña.

Ainara Freiría Espinosa e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía chegaron a un acordo para a ampliación do contrato da centrocampista azul ata 2022, un ano máis de vinculación do anterior contrato da ourensana co noso club. Ainara, de 18 anos de idade, continuará xogando no equipo senior a próxima tempada.

A nosa xogadora chegou á disciplina do club en 2018 cando tiña 15 anos. Ainara formou parte do primeiro equipo todas as tempadas e con traballo, esforzo e sacrificio foi unha das xogadoras que xogaron con maior regularidad no centro do campo azul.

A xogadora mostrouse feliz trala súa renovación: “Desde o primeiro momento quería continuar outro ano máis e tiña claro que si era posible íase cumprir. Ao final conseguín entrar na universidade aquí, tal e como quería, e fíxose posible renovar outro ano máis”.

“Eu estiven sempre moi comoda no club e para min non creo que haxa outro no que me atope máis a gusto como neste”, añadiu a centrocampista.

Próxima tempada
“Desta tempada espérome moitísimo, creo que o nivel vai aumentar máis e todo vai ser moi competitivo, este ano sen dúbida lograremos o obxectivo de ascender”

No acto de renovación, o presidente mostrouse satisfeito porque “Ainara é unha xogadora que todo o mundo lle gusta ter no seu plantel, xa non só como xogadora, senon tamén no aspecto personal. Unha persona humilde, educada, traballadora e sempre disposta a colaborar. Esa personalidade é a mesma que reflexa no seu xogo, un luxo para nós poder vela medrar futbolísticamente na Escola”.

Desde a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía desexámoslle o maior dos éxitos a Ainara Freiría Espinosa nesta nova etapa profesional.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido