Ainara Freiría renova coa EFF Rosalía por unha tempada

A centrocampista azul amplía a súa vinculación co club azul nunha tempada que ela misma destaca como importantísima.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e a xogadora Ainara Freiría alcanzaron un acordo para a ampliación de contrato da centrocampista ata 2021. A centrocampista ourensá (2003) sumará desta forma a súa terceira tempada na disciplina azul, unha entidade á que chegou na campaña 2018/19 despois de varios anos afastada dos terreos de xogo e formarse nas Escolas Deportivas Barbadás e Cidade dás Burgas F.S.

Ainara chegou a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía da man de Alonso Méndez na tempada 2018/19, xa que a adestrara nas Escolas Deportivas de Barbadás. Na súa primeira campaña a ourensá xogou 25 dos 27 partidos de competición, sendo unha das xogadoras pilares no sistema do adestrador na medular.

No segundo ano no plantel, con Ivan Canal como adestrador, a centrocampista disputou un total de 18 partidos, quedando tan só fora da convocatoria en tres ocasións. Ainda que non sexa sua faceta máis forte, Ainara anoutou dous tantos, ambos no Monte da Aira, nas xornadas 5 e 17 fronte Bueu e San Mateo respectivamente.

Ainara marcou seu segundo gol fronte o San Mateo.

No acto de renovación Ainara destacou que “renovar pola EFF Rosalía é unha alegría xa que é a primeira vez que me sinto tan a gusto nun club. Para min o fútbol é a miña paixón e representar a Ourense é todo un privilexio”.

“A verdade é que teño moitas gañas de poder comezar esta tempada, en realidade estou ansiosa e sobretodo esforzarme ao máximo e demostrar todo o que sei do fútbol. Este ano máis que nunca va a ser moi importante que todas demos o mellor de nós, e eu teño máis ganas que nunca”, declarou ilusionada cara o futuro.

Con respecto a última Liga destacou que: “individualmente tíñamos boas xogadoras e eu personalmente creo que conseguín mellorar o meu nivel e de maneira colectiva entendíamonos ben pero si que é verdade que podíamos xogar moito mellor e espero que este ano consigamos dar todo o que sabemos e así conseguiremos os nosos obxectivos”.

Unha Liga que tivo que rematar prematuramente: “O confinamento fíxoseme moi difícil e a verdade é que non o levei moi ben xa que eu son moi activa e paso moito tempo fora da casa e para min o fútbol é prácticamente imprescindible, polo que non poder xogalo fíxoseme moi duro ainda que tentei seguir facendo algo de exercicio na casa, pero non é o mesmo”.

Pola banda da EFF Rosalía, noso presidente mostrouse feliz pola renovación da centrocampista “unha xogadora que transmite valores que queremos dende o primeiro día facer nosos nesta escola, a humildade, o traballo, a sencillez e o compañerismo. Estamos moi contentos de contar con ela un ano máis xa que é unha xogadora moi importante para o grupo”.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content