Aposta polo clásico nas indumentarias Mercury nas tempadas 22/25

A primeira conta cun deseño elegante e clásico con detalles en branco e azul marino, cor que tamén resalta no segundo equipamento. Indumentaria que levarán todos os equipos do club.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía e Mercury presentaron este venres os novos equipamentos que lucirá o primeiro equipo pontino, así como as demais categorías do club, na que supón a primeira campaña da marca zaragozana como principal patrocinador técnico do club. Son indumentarias deseñadas coa tecnoloxía Vapor Draw para afastar a sudoración, facilitando unha sensación máis fresca ao deportista.

Nas camisetas, de estilo clásico, destaca o logotipo de Ganadería J.P.D.

En canto aos deseños, Mercury optou por un deseño clásico na primeira indumentaria, de cor azul e unha liña tricolor que destaca ao novo patrocinador no peito. O pescozo presenta un deseño en forma de V azul mariño, mentres que a franxa da mesma cor tamén se estende polos costados da manga terminando debaixo do brazo. A camiseta mostra tamén na parte traseira aos outros dous patrocinadores principais, Cafés Las Antillas-Campos e Fundación Printes. Tamén foi presentado o modelo alternativo, de cor amarela cunha tonalidade máis escura nas mangas, así como na parte superior. A camiseta principal das gardametas, que tamén viu a luz na presentación, é de cor fucsia neón.

JPD pasa a ser o patrocinador principal que lucirá no peito das novas indumentarias

Tras a presentación, deuse a coñecer ao que durante os próximos 3 anos será o patrocinador principal, Ganadería Jesús Prieto Domínguez. Empresa familiar punteira no sector vacún na provincia de Ourense con sede no Concello de Xunqueira de Espadanedo. Ganadería J.P.D. recolle o testigo de Cafés Las Antillas-Campos, que pasa a situarse na parte traseira das novas indumentarias, xunto á Fundación Printes. José A. Vázquez, vicepresidente-director de comunicación asegurou que “hoxe presentamos as camisetas de Mercury, marca de referencia deportiva a nivel nacional que nos vai a vestir polo tres próximos anos. Con isto, unido á chegada de Ganadería JPD, estamos convencidos de que nos permitirá seguir crecendo para consolidar o noso proxecto. Con todo, a nosa ambición por facer da EFF Rosalía unha referencia non está rifada coa vontade de defender os valores da nosa idiosincrasia. Esta é a pel da nova Rosalía 22/25, na que seguimos traballando todos os membros da directiva para confeccionar un equipo á altura da esixencia e o prestixio do escudo que portan estas preciosas camisetas”, finalizou.

Toño Prieto, como un dos propietarios de JPD, tomou a palabra para indicar que “Somos unha empresa gandeira que defendemos a igualdade no deporte entre mulleres e homes e, desde que coñecemos o proxecto da EFF Rosalía, somo unhos fans acérrimos do que fan. Motivo polo cal, no momento que nos puxemos en contacto coa directiva do club foi para apoialos como empresa que ve a necesidade de apoiar aos sectores mais desfavorecidos, por dicilo dalgunha maneira, e parécenos que o fútbol feminino é un deles. En definitiva, estamos moi ilusionados con comezar esta aventura no Rosalía, que esperemos sexa do mais frutífera para ambas partes”, rematou.

As camisetas estarán dispoñibles na tenda online en próximas datas.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content