Máis de 40 nenas participaron no Campus feminino da EFF Rosalía

Levouse a cabo no campo do Corgo, durante cinco días en Soutopenedo (Concello de San Cibrao das Viñas) co colofón das presentacións dos novos equipamentos do club.

O fútbol nas súas diferentes modalidades ocupou o verán do campo do Corgo, a través do Campus de Futbol Feminino Rosalía na última semana de xuño. Tamén se levou a cabo no último día a presentación oficial das nuevo camisetas e patrocinador principal.

O Campus en colaboración coa empresa Ociosaugal alcanzou os cincos días de duración con máis de 40 participantes, tanto de Ourense como concellos limítrofes. Foi a estrea dun campus con maior número de participantes que organizou Ocisaugal, unha liña de actividade que se repetirá cada ano.

As rapazas dividíronse en diferentes grupos por edades e traballaron técnico e tácticamente en dúas partes diferenciadas, a primeira máis específica e despois do descanso para o aperitivona unha parte máis lúdica na que se traballaban e asimilaban os obxectivos explicados na primeira parte.

O nivel de implicación de tódalas xogadoras sorprendeu a organizadores e monitores que se mostraron encantados ca experiencia de dirixir este Campus específicamente feminino.

Obxectivos
O aproveitamento lúdico-educativo do tempo de lecer e a promoción do deporte como un hábito de vida saudable son os principais obxectivos do campus de verán da Escola de Fútbol Feminino Rosalía. Esta tempada contou coa organización de Ociosaugal, para a impartición de sesións de adestramento; o patrocinio de Deportes Moncho, para a roupa do campus de fútbol; e a colaboración de Concello de San Cibrao das Viñas, cedendo as instalacións deportivas, e a visita de Félix Cao (preparador físico Betis), ‘Pato’ Guillén (porteiro da SD Compostela) e Izan Regueira (Xogador do Real Madrid xuvenil), co obxectivo de completar máis a oferta educativa, así como a ponencia para as familias da empresa University Soccer.

‘Pato’ Guillén participou activamente nos exercicios coas xogadoras.

Quique Álvarez, de Ociosaugal destacou que “Foi unha experiencia enriquecedora, xa que moitos dos adestradores nunca traballaran con equipos integramente femininos. Sorprendeunos moito a educación deportiva das nenas e o a gusto que estivemos a traballar con elas”. Canto á ‘sociedade’ Rosalía-Ociosaugal, Quique mostrouse moi contento ao “estar en todo momento moi cómodos con eles, cubrindo todas as necesidades que xurdían, destacando o pendentes que estivo a directiva de todo o que pasaba día a día. En definitiva, un éxito total”.

Dende a Escola queremos agradecer a tódalas partes implicadas no éxito do Campus, a Ociosaugal e os seus monitores, ao Concello de San Cibrao que puxo tódalas facilidades e por suposto as familias e as protagonistas de todo esto, as xogadoras, que non paran de demostrarnos cada día o moito que aman este deporte.

O Campus foi un éxito, tanto para organizadores como participantes.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content