As cadetes empezan a pretemporada

As xogadoras completaron o primeiro adestramento no Municipal de Oira.

O Cadete comezou os adestramentos de pretemporada no campo de fútbol-11 das instalacións deportivas municipais de Oira. A primeira sesión combinou exercicios de coordinación e traballo con balón. Alberto Tamayo será o encargado de dirixir ao equipo, que competirá na liga Galega Cadete autonómica. Antonio Carballo será o segundo adestrador-axudante.

O cadete arranca a pretemporada 2022/23.

Ata o momento, non están confirmadas as datas de comezo da competición, pero espérase que sexa na primeira semana de outubro. En canto aos amigables, está confirmado un fronte ao equipo sénior o día 17 de setembro.

Check Also

O Cadete imponse en Salvaterra

As ‘azuis’ asinan unha vitoria sólida a domicilio con goles de Alma, Vitoria e Amelia …

Ir o contido