Promesas "A" que viaxou a Meis.

Promesas: Dura mañana de aprendizaje para as notas pequenas

Dura, así se pode definir a mañá de sábado dos dous equipos da EFF Rosalía Promesas que partían as 8:15 da mañá rumbo a Vilagarcía onde as 11:00 comezaba o partido do Promesas “B” contra o Atlético Arousana “A”. Partido sen historia dada a diferencia de nivel entre as nosas pequenas e un Atlético Arousana “A” moito máis curtido na competición. A pesar de eso e da adversa climatoloxía que se viviu en toda Galicia durante todo o sábado as nosas peques sairon ca consigna de “aprender e desfrutar” e foi ao que se dedicaron, obviando o marcador e loitando cada balón como se fora o último. Estamos moi seguros dende o clube que co traballo semanal de Feijoó e Cae e sobretodo ca ilusión por bandeira das nosas peques, en breve este equipo vai a ser irrecoñecible futbolísticamente. Animo peques!!!

Promesas “B” que saiu de inicio.

O autobús continuaba a ruta e despois de deixar as peques no Manuel Jiménez desprazouse a Meis onde ás 11:30 o promesas “A” xogaba o seu partido ante o debutante Mosteiro. As nosas Rosalías dominaron a posesión do balón e trataron de crear perigo pero sin moito tino, a falta de escasos cinco minutos para o final unha pena máxima a favor das azuis púñanos o partido a favor, pero na derradeira xogada do partido e nunha das poucas ocasións de perigo local o Mosteiro foi quen de perforar a portería visitante e acadar un empate co cal as nosas aprenderon a dura lección de que no fútbol ata o rabo todo é toro e inda que sexas superior eso non fai gañar o partido sen traballo e sen concentración durante todo o partido.

Promesas “A” que viaxou a Meis.

Dura mañá en canto a climatoloxía, traballo e sacrificio para os dous equipos da EFF Rosalía Promesas, que voltaron pasadas as 14:30 a Ourense, inda que como sempre cun sorriso na cara… a seguir Rosalías!!!

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Skip to content