Rosalía-Valladares: o infantil estréase no Monte da Aira

Primeiro partido na casa do infantil coa victoria como obxetivo.

A EFF Rosalía Infantil afronta o seu segundo compromiso oficial da tempada. As infantiles mídense ao Valladares coa idea de deixar un bo sabor de boca no seu primeiro partido no Monte da Aira (11:15h, sábado). Para elo, as de Alba Rodríguez terán que sair coa mesma solided que demostraron fronte ó Mos a semana pasada.

Alba non poderá contar con Nair, Sheila nin Sara, que causan baixa. Todas elas baixas que ben seguro serán suplidas polas suas compeñairas da mellor maneira. Pola contra contará co reforzo de Aldarita, infantil habitual nas convocatorias do equipo senior. Para este partido, Alba convocou a 16 xogadoras.

Nair será baixa por unha lesión muscular.

A convocatoria está formada por:
Porteira: Valeria
Defensas: Silvia, Lucía Pérez, Laura Añón e Marta Montes.
Centrocampistas: Cuquejo, Daniela, Candela Bouzas, Lidia, Ester, Cloe e Aldarita.
Dianteiras: Nerea, Claudia Pérez, Ares e Claudia Rodríguez.

O rival
O CD Valladares chega na zona media da táboa. As visitantes marcaron un gol no primeiro partido e recibiron outro, resultado co que empataron no encontro fronte o Viajes Interrías pero a EFF Rosalía non debe confiarse ante un rival que en todas as categorías nas que se enfretou as nosas sempre puxo as cousas moi difíciles.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Ir o contido