As senior sorprenderon ó CD Bueu no seu feudo

Partidazo das nosas senior no Novo Municipal de Bueu que sorprenderon ó cuarto clasificado no seu propio feudo.

O horario non era moi atractivo, 19:00 e a pesar de que o día na costa foi agradable, o chegar a noite as temperaturas baixaron considerablemente e durante o partido o frio foi bastante intenso. Pero as nosas noviñas senior presentáronse con gañas de festa en Bueu e dirixidas nesta ocasión por Alba Rodríguez mostráronse dende o primeiro minuto con moito orden e moi incisivas e verticais en canto recuperaban o balón.

As nosas senior fixeron un auténtico partidazo

No minúto 15 de partido unha contra ben levada por Zaira e Patricia rematou nun claro penalti sobre Patricia que Zaira transformou poñendonos nunha sorprendente ventaxa para os que ata alí nos desprazamos.

Video do penalti executado por Zaira

O Bueu, moito máis físico e experto, tentou adiantar líneas e apretar moito máis arriba a nosa saida de balón, pero en ningún momento as nosas xogadoras de defensa nin de medio campo perderon a tranquilidade a hora de xogar e os espacios que comezaban a deixar as defensas do Bueu nas súas costas foron un filón para Patricia e para Zaira que plantáronse nun par de ocasións gañando as espaldas e ampliaron a vantaxe a un sorprendente 0-3 no minuto 44 de partido. No desconto da primeira parte, co Bueu volcado, nunha estratexia recurtarían distancias e levarían os nervos á grada visitante que sabían que na segunda parte quedaba moito por sufrir.

O frío levouse mellor co resultado a favor

No comenzo da segunda parte Zaira volvía gañar a espalda e aumentaba o marcador a un clarísimo 1-4, pero os nervios comezaron a aflorar e a media hora para o final do partido o Bueu con dous goles seguidos en a penas tres minutos apretaba o marcador a un 3-4 con media hora por xogar… Sorprendentemente cando o peor o veíamos os directivos e pais das xogadoras que ata alí nos desprazamos e cunha grada local apretando duro, as nosas xogadoras sacaron unha tremenda casta para aferrarse á vantaxe no marcador e defenderon con uñas e dentes, cunha gran actuación da nosa porteira Rocío, un resultado final que chegou a desesperar as xogadoras locais. Fruto desa desesperación, a porteira local foi expulsada a dous minutos do final por dobre cartón amarelo e a pesar dos nervios no amplio desconto os tres puntos viñeron no autobús de volta cas nosas Rosalías.

A foto do final no vestiario deixa claro que as nosas vaciáronse no verde de Bueu, todo un orgullo que representedes o noso escudo e as nosas cores… a seguir!!!

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content