As promesas do clube voltaron á competición con sorte dispar

Voltou a competición na Liga Galega Promesas, o sábado o noso promesas “A” visitou Ribadumia para enfrontarse o Umia CF, saida complicada o campo das terceiras clasificadas e ademáis con varias baixas nas pupilas de Alba Rodríguez.

Saida dos dous conxuntos nunha mañá estupenda no Campo de Barrantes

Sairon enchufadas as nosas e conseguiron adiantarse pronto no marcador. Os minutos continuaban con dominio visitante e a gran actiación da porteira local. Unha victoria máis no casillero do promesas “A” que continúa ó frente da clasificación e o que é máis importante dando mostras de moito crecemento futbolístico.

Imaxe dos dous equipos que disfrutaron dun bo partido nunha boa mañá e nunhas instalacións espectaculares

O domingo era o turno para o promesas “B” de Juanma. Desprazábanse a Salvaterra de Miño para enfrontarse ó SC San Mateo, as nosas peques viviron a amarga cara do fútbol en primeira persoa. Nun partido que dominaron e no que tiveron a maioría das ocasións, sairon derrotadas pola mínima cun dudoso gol fantasma… mazazo para as peques que non empaña o espectacular traballo que están a realizar.

O noso promesas “B” futuro asegurado para o noso clube

“Las tormentas hacen que los árboles tengan raices más profundas”

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content