Comunicado oficial: Novo equipo na estrutura da EFF Rosalía.

Coa decisión da directiva o club xa non será exclusivamente feminino, cualidade que tiña desde a sua fundación.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía ven de facer oficial a inscripción dun equipo masculino no grupo 10° da 3ª Autonómica da Delegación de fútbol de Ourense. Despois de moitas reunións nas que se estudiaron a fondo os pros e contras de tomar a decisión máis importante de curta historia do club, a directiva toma a decisión, ao contrario que coa sección feminina de empezar desde a base, de empezar directamente cun equipo senior. Desta maneira a estructura queda organizada cos equipos femininos Senior, Infantil e Promesas ao que se suma o senior masculino.

O motivo non foi outro que aproveitando que este ano o prazo oficial para inscribir equipos remata o 31 de decembro, a institución tiña a oportunidade de adiantar un pasiño máis un proxecto e dende a directiva decidiron facer realidade as numerosas peticións da afición da febre azul, añadir á estructura deportiva o equipo masculino.

A pesar de ser un equipo senior, a base da plantilla estará composta por moitos xogadores mozos pero con suficiente madurez e calidade para intentar o ascenso na sua primera tempada na categoría que estrearan en canto a Federación Galega de Fútbol publique as datas oficiais de inicio da competición.

O plantel está composto polos seguintes xogadores:
Porteiros: Roi e Valerio Moral.
Defensas: Aldán Sequeiros, Martín Montes, Noah Domínguez, Isidoro Sanmartín, Bibiano Alves e Mario Feijóo.
Centrocampistas: Aldán González, Yago Alonso, Ainar Freiría, Albano”Xbox” Rodríguez, Lian Rodríguez, Sabel Meno, Saro Alonso e Martín Besada.
Dianteiros: Zairo Fernández, Noah Fernández e Silvio Tizón.

O equipo estará dirixido polo tándem formado por Micaela Saa e Jonatha Otero, dúas experimentas adestradoras con experiencia internacional, aínda que pouco coñecidas no futbol galego e ourensá. A directiva, a diferenza do equipo feminino, decidiu que o corpo técnico estea composto por mulleres, algo non moi habitual no fútbol provincial pero a confianza nelas é máxima. Estarán axudadas no apartado de recuperación de xogadores por Adolfina Barbosa, experimentada quiromasaxista para un equipo de xogadores novos pero con moitas gañas de facer algo importante.

O cadro técnico é completamente feminino.

O presidente, Mario Gómez, explica os motivos polos cales o club da o paso de unir un equipo masculino á estrutura da EFF Rosalía: “facemos realidade unha das demandas máis populares das nais de Canedo, o de facer equipos masculinos. Dado que no proxecto feminino comezamos dende abaixo cun equipo benxamín e pouco a pouco fomos medrando ata chegar ao senior; ca nosa sección masculina queremos comezar a casa polo tellado para semellarnos o máis posible aos que serán os nosos rivais.”

“Temos moitas esperanzas postas neste plantel e nun prazo de dous ou tres anos esperamos poder estar nunha categoría acorde á que merece o club e o noso barrio de Canedo. Demandamos dende xa ás institucións que se nos fagan unhas instalacións dignas nesta beira do Miño, porque Canedo somos nós”, resaltou ao final das declaracións en exclusiva a web do club.

Check Also

Aldarita, tamén centenaria coa EFF Rosalía

Nos seus cen partidos como azul conseguiu anotar cinco tantos. Aldara González ‘Aldarita‘, centrocampista da …

Skip to content