Derrota contra o CD Bueu no nosa estrea como local

Na mañá do domingo (12:00) estrenámonos como locais fronte o CD Bueu. O que mais nos sorprendeu como clube foi a afluencia de rapazas da nosa canteira que acudiron a animar ás suas maiores, nun domingo non moi cómodo xa que se festexaba o día da bici na nosa cidade.

Comezou o partido de poder a poder, nunca calurosa mañá cunha temperatura de más de 25º dende o inicio do encontro, o partido era moi igualado e trabado e foi o CD Bueu o que acertou en inaugurar o seu casilleiro de goles no minuto 17 tras unha defectuosa saida de balón despois de defender correctamente unha cesión inventada polo colexiado.

Ese gol fíxonos dano anímicamente e perdemos un pouco o control do partido, en gran parte pola calidade de xogadoras do Bueu coma Carolina e Laura. No minuto 41 unha boa xogada do Bueu fixo que marcaran o 0-2 o que fixo que a grada comezara a animar ás nosas para que non decaeran… eses ánimos foron efectivos, xa que un minuto despois unha boa combinación entre Ainara e Yadira fixo que esta última se plantara na área gañando a espalda da sua lateral e batira dun efectivo tiro cruzado a boa porteira do CD Bueu. 1-2 e as espadas por todo o alto para a segunda metade.

No descanso os axustes do noso mister Alonso deberon de funcionar xa que na segunda metade o Rosalía saiu en tromba a polo empate. O ansiado empate chegou no minuto 56 con potente disparo de Zaira cruzado dende fora da área que fíxonos soñar durante uns instantes en que a victoria era posible.

Ese soño desvaneceuse no minuto 70 cun golazo pola escuadra nun disparo lonxano de Laura do Bueu. As nosas senior parecían completamente mortas físicamente e no minuto 76 chegaba a puntilla co 2-4. Pero o amor propio e o compromiso da nosa plantilla parece non ter límites, cousa que no futuro nos dará moitas alegrías e lonxe de baixar os brazos e a cabeza, conseguiron encadenar unha serie de ataques de mérito con ocasións que culminaron co 3-4 de Zaira a falta de 2 minutos para o final.

Boa imaxe, gran ambiente e seguro que o noso equipo senior será capaz nun futuro de optar por pelexar con cualquiera rival da categoría e dar moitos sustos. Toca seguir!!!

Check Also

A EFF Rosalía completa a segunda semana de adestramentos cunha intensa sesión

As futbolistas da EFF Rosalía completaron este venres o último adestramento da semana no que …

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar