Derrota do Cadete para pechar a Primeira Fase

O Cadete caeu derrotado ante Sárdoma a pesar do dobrete de Sanmiguel cos goles de Emma (2), Laura e Susana Martínez.

Non puido ser, o noso Cadete despídese da primeira fase cunha derrota fronte ao Sárdoma no Municipal de Oira na última xornada da Fase de Grupos da liga Galega Cadete. As de Tamallo, que xa non tiñan opcións de cambiar posto na clasificación ante un rival que se xogaba o acceso á fase Título, adiantáronse na primeira ocasión do partido cun gol de Sanmiguel na “zona do nove”, ao rematar de primeira un centro de Clau desde o sector dereito. A resposta visitante seis minutos despois, Emma dispara alto desde o bordo da área. A punto estiveron as viguesas de empatar no minuto 18′, Adriana caza un balón ao bordo da área e ante a saída de Aldara o seu tiro sae pegado ao poste. Antía tívoa nas súas botas no 24′, o seu disparo sae alto cando encaraba a Silvia, gardameta rival. A partir dese momento, as viguesas deron un paso adiante e conseguiron dar a volta ao resultado na prolongación con dous goles de Emma, un deles de penalti.

Sanmiguel remata a 1.ª Fase con 5 dianas.

Tras a continuación, Tamallo del entrada a Lucilú por Aldara baixo paos. Aos cinco minutos de xogo, Laura Costoya amplía a vantaxe para Sárdoma ao non fallar no man a man ante nosa gardameta. O partido parecía resolto, pero as nosas non cesaron no seu empeño esporeadas pola súa afección e obtiveron o seu premio tras un córner provocado por Clau. Antía encargouse de sacalo e, moi atenta, Sanmiguel aproveita en boca de gol o despexe de Silvia (2-3, minuto 63′). O resultado non lle valía a Sárdoma en busca de opcións na clasificación e as viguesas non soltaron o acelerador conseguindo un novo tanto no minuto 79′. Susana caza un balón na frontal e non dúbida e lanza un mísil imparable á escuadra esquerda da portería de Lucilú. Non houbo tempo para máis, con este resultado o noso Cadete termina a 1.ª Fase en sexta posición cun balance de 3 vitorias, 2 empates e nove derrotas.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content