Vitoria e liderado

Venceu á Unión Guardesa na Sangriña cos goles de Vicky, Sabela, Ester e Feijóo.

Gran vitoria no Municipal da Sangriña da Escola de Fútbol Feminina Rosalía, que se levou os tres puntos e colócase líder da liga aproveitando a xornada de descanso do líder hasta esta xornada, Lóstrego ‘B’. As de Tobaruela, que continúan invictas na segundo volta tras lograr 5 vitorias nos 5 partidos oficiais que disputaron, conseguiron o triunfo grazas aos goles que marcaron Vicky nada máis comezar o encontro, Sabela, Ester e Feijóo.

O partido púxose de fronte nada máis comezar. Vicky presionou a saída de balón local aos cinco minutos e tras recuperar a posesión levou o balón á rede cun bo remate ante a saída de Alba. Tras o gol, o noso equipo seguiu dominando para ampliar distancias, puido marcar novamente Vicky 6 minutos máis tarde. A dianteira gana as costas á liña defensiva, fai unha vaselina e o seu disparo pega no traveseiro. Na seguinte chegada, un minuto máis tarde, Sabela engancha un derechazo desde o bordo da área que se coa pola escuadra (0-2). As azuis estaban no seu mellor momento e aproveitárono para ampliar a vantaxe no ‘luminoso’. Tras unha boa xogada combativa con cambio de xogo incluído, Noa asiste a Vicky en profundidade e o seu centro á área remátao Ester cunha espléndida bolea ao fondo da rede.

Sabela leva 7 dianas nos cinco partidos da 2ª volta.

A segunda metade comezou con máis ritmo pero non coa mesma capacidade goleadora das nosas. O noso equipo seguiu dominando para ampliar distancias, aínda que Guardesa puido empatar 18 minutos despois da reanudación. A dianteira local engancha un bo tiro desde a frontal que obtivo como resposta unha gran estirada de Rocío. E para pechar o partido, Feijóo marcou por segunda xornada consecutiva ao enganchar un balón no bordo da área e superar a estirada de Alba, gardameta local. Traballado partido das pontinas para volver sumar de tres, sumando xa once xornadas consecutivas invictas logrando a a súa décimo sexta vitoria no campionato e alcanzando o primeiro posto con dous puntos de vantaxe sobre Lóstrego ‘B’, rival das nosas o vindeiro domingo ás 12.00 horas no Municipal de Oira.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content