Tobaruela: “Se acadamos a vitoria sería un pequeno paso adiante”

“Se nós conseguimos o domingo a vitoria poderemos optar ou depender de nós mesmas para conseguir esa primeira praza que é o primerio obxetivo que temos mentres dure a Liga cara o ‘playoff’ final”, engadiu o adestrador.

Vídeo: Roda de prensa completa

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido que enfronte ás pontinas con Lóstrego ‘B’, que se disputará no Municipal de Oira (12.00 h; Youtube-Rosalía): “Quedan ainda moitos puntos, pero o que pasa e que sempre un enfrontamento contra o equipo co que estamos a disputar a primeira praza case desde a primeira xornada é teóricamente un partido clave, pero xa dixen otras veces que ainda quedan cousas que dirimir. Evidentemente, se acadamos a vitoria sería un pequeno paso adiante pero a nós e tamén ao Lóstrego nos quedan una serie de partidos que van ser moi disputados e que hai que xogar”.

“Conforme avanza a competición estoume decatando, xa o dixen noutras ocasións, que noso grupo non é un grupo sinxelo. Quitando tres ou catro equipos que teñen un nivel máis baixo debido a que están en nova formación, non foi fácil xogar contra o resto de equipos”.

Liderato privisional
“Nós este liderato provisional é iso, provisional. Nós cando xogamos alí contra elas, gañaron 1-0 e nós sabíamos que non poderiamos baixar xa o pistón e tiñamos que chegar a este partido o máis preto posible. Desde alí ata aquí, elas perderon dous puntos e nós acadamos todos os puntos, co cal se nós conseguimos o domingo a vitoria, ao final poderemos optar ou depender de nós mesmas para conseguir esa primeira praza que é o primerio obxetivo que temos mentres dure a Liga cara o ‘playoff’ final”.

Motivación
“As xogadoras, por sorte, están moi motivadas durante toda a tempada. Non hai que perder de vista que levamos case un pleno de vitorias, quitando esta derrota contra o Lóstrego, e un rendemento moi alto. Iso sempre motiva, o fútbol gañando parece máis atractivo”.

“Tanto Lóstrego coma nós somos os equipos que máis puntos conseguimos pero non os que estamos máis en forma”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

O momento de ambos equipos
“Non diría que somos os equipos máis en forma de nosa Liga, somos os equipos que máis puntos conseguimos, hai equipos, citarei ao Pontellas, que está facendo moi boa temporada, nos dous enfrontamentos que xogamos contra elas, aquí na casa a balanza puido caer de seu lado, cando visitamos sua casa, tamén puidemos empatar e, tamén, o Porriño está facendo una gran tempada e son partidos que xa xogamos a cara e cruz esta tempada, no sentido que puidemos perder e acabamos levando a vitoria do noso lado e tanto Lóstrego coma nós somos os equipos que máis puntos conseguimos pero non os que estamos máis en forma”.

Dependencia
“Hai una baremación moi clara para valorar esto da dependencia ou non dunha xogadora. A típica xogadora que marca o 60-70% dos goles, no noso caso está super repartido, Vicky, ata o momento é a que mais marcou, pero se miramos as estadísticas de goleadoras son moitas as que contribúen a meter goles. Iso foi una cousa que foi traballada desde o principio, que se chama rotacións e estiven moi pendente desas cousas e crear o que se chama ‘fondo de armario’ para que non haxa só once xogadoras activas e que haxa moitas mais xogadoras activas que poidan participar. Debido a iso, a este traballo previo e sobre todo a grande base que temos, permite un traballo neste sentido”.

Estilo do Lóstrego
“As xogadoras do Lóstrego son duras e van dar patadas, está claro. Eso podo aseguralo e eu estou en contra dese tipo de fútbol, son mais dun xogo moito máis limpo. ¿Onde están os límites?, ¿onde está o límite da intensidade?, pois iso está a criterio dos árbitros, pero por experiencia nesta Liga podo afirmar que a arbitraxe na nosa Liga é bastante baixo. Se una xogadora mete una patada, duas patadas, que pode metelas, sempre hai un árbitro que é o que permite ou non permite e por experiencia moi recente previa temos lesionadas. Por exemplo, está Silvia Chao que ten un nocello hinchadísimo dun patadón que lle meteron sen arbitrar nada e sen penalizalo con tarxeta e refírome tamén á xogada recente que tivemos da porteira de Vilariño que tampouco se penalizaou con nada. Entón, esperemos neste sentido que a persoa, que lle toque dilucidar ata donde permite a intensidade, sexa capaz de valorala ben”.

Partido para ver
“Eu convidariaos non só a este partido, senón tamén ao resto de partidos das distintas categorías do Rosalía, cando xogan as Cadetes, as Infantís, as Promesas, porque ao fin e ao cabo ver a mulleres, sexan nenas, sexan xa persoas adultas xogar ao fútbol e da maneira que o fan, sempre é moi gratificante. De feito, un dato curioso neste sentido, onte adestrando, estábamos facendo una tarefa e vin, como desde o outro lado do campo, un adestrador masculino estaba mirando con ollos de sorpresa o desenvolvemento de como xogaban as nosas xogadoras. O nivel do fútbol femenino está medrando e, en Ourense, grazas ao traballo na Escola de Fútbol Femenina Rosalía, está medrando o nivel e convidaría a que viñesen a calquera partido e agora que tamén poden velo a través da retransmisión que se fai na televisión do Rosalía e poden, senón teñen gañas de pasar frío, velo a través da televisión”. 

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content