Desvinculación de Silvia Chao

A futbolista ourensá, que disputaba a súa segunda tempada esta campaña, termina o seu vínculo contractual coa Escuela de Fútbol Femenina Rosalía.

Silvia Chao termina o seu vínculo contractual coa Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, despois de que a xogadora non faga efectiva a opción para amplialo unha tempada máis.

Nada en Ourense e xurdida da canteira do Cidade das Burgas, Silvia chegou ao equipo senior azul na tempada 2019/20. Aquela tempada, a dianteira fora unha das novas xogadoras que estaban na dinámica do equipo, participando nun total de 15 partidos. Logo de renovar, no presente curso xogou tres encontros cun gol anotado.

A dianteira despídese con dous goles no seu haber e sete partidos saindo de inicio nas duas campañas que vestiu a azul do Rosalía.

A EFF Rosalía agradécelle a Silvia Chao a súa etapa na entidade e deséxalle moito éxito no futuro.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content