Alberto P. Tamayo , novo Director de Fútbol Base da EFF Rosalía

O técnico ourensán posúe unha dilatada traxectoria de máis de 15 anos na formación de xogadores nalgúns dos principais clubs da provincia de Ourense, Pontevedra e Lugo.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía pechou a incorporación de Alberto P. Tamayo como novo Director Deportivo do Fútbol Base. Alberto Pereira Tamayo (Ourense, 1969) é un técnico de experiencia, coñecemento e unha dilatada traxectoria de máis de 15 anos na formación de xogadores, en clubs como o CD Ourense, Allariz, Lalín e Ourense CF, que se pon á fronte da canteira azul para darlle un pulo e convertela nunha referencia do fútbol galego feminino. “Decido aportar o meu gran de area neste club porque creo que é o único club de base que aposta con firmeza pola formación, deixando a competitividad separadamente e así obter resultados a través do traballo e a formación”, sinalou o novo director ás canles oficiais da EFF Rosalía.

Tamayo, co título de adestrador Nivel III da RFEF, comezou a adquirir experiencia na base de Pabellón CF, de onde deu o salto á dirección na canteira de CD Ourense durante tres anos e os último catro anos estivo en Ourense CF, Vilatuxe e SDC A Manchica. Amante da formación de xogadores, foi o artífice de varias xeracións de futbolistas ourensáns, reto que quere agora plasmar na EFF Rosalía. Alberto aportará a súa ampla formación deportiva para dirixir un proxecto que buscará profesionalizar este área, así como mellorar a xestión de grupos humanos e optimizar a formación da estrutura deportiva.

Outra das funcións do novo responsable deportivo do Fútbol Base será a de axudar na dirección técnica dos equipos Promesas, traballando codo a codo cos técnicos encargados dos dous equipos.

Trala presentación o presidente Mario Gómez tomou a palabra: “Estamos felices porque recibimos a un dos grandes formadores do fútbol ourensano. Un home que traballou nas mellores canteiras de Ourense. Chegas á Escuela de Fútbol Femenina Rosalía no momento ideal e coa experiencia necesaria para facer un gran traballo”.

“Agora enfrontáste ao maior reto de toda a túa carreira profesional. Chegas á EFF Rosalía porque elixiches este club por diante de todos os grandes clubs que querían terte nas súas filas. Estamos seguros de que axudarás e estarás pendente de todas e cada unha das nosas xogadoras de formación no seu camiño ao equipo senior. A tua valentía e o teu agarimo cara a este escudo vanche a axudar a triunfar da maneira que ti e máis nós eleximos que é formando e non obsesionándonos con trofeos que non teñen importancia”.

“Moi pronto vas comprobar o que supón vestir este escudo. Esta xa é a túa casa e non esquezas nunca que os valores da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía acompañaranche neste camiño cara ao éxito”.

Desde a creación do club, unha das grandes motivacións foi promover a formación por encima de todo no fútbol base, xerar talento e valor da canteira, nutrindo así cada equipo dunha base de xogadoras formadas dende pequenas na escola. Motivo polo que a chegada de Alberto Tamayo é unha gran nova para o área deportiva da EFF Rosalía.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content