A EFF Rosalía mereceu máis no partido disputado no Monte da Aira.
A EFF Rosalía non logrou puntuar no Monte da Aira no partido correspondente á decimoterceira xornada de Liga. As senior perderon ante o Balaidos un encontro no que tivo ocasións para un mellor resultado. Sin embargo, novamente os erros a balón parado foi unha carga moi grande para o equipo.
O partido arrancou como os combates de boxeo, os dous equipos sairon a tentear o seu rival pero as azuis levaban a iniciativa do xogo. O primeiro aviso foi do Balaidos por medio de Sara Castro, pero seu disparo márchase ao lateral da portería defendida por Rocío. Un minuto despois, Yadira o intenta dende a frontal pero seu tiro o atalla sen problemas Elena.
Gol a balón parado
Lorena adiantou ao Balaidos a saida dun corner (32’), rematou soa no segundo pao cando o partido parecía controlado polas xogadoras de Iván Canal. A EFF Rosalía non tardou en reaccionar e empezou a achegarse ao área verdinegro con perigo. No 41’, Zaira recibe un pase entre liñas e asiste a Yadira que se planta soa ante Elena e non falla no man a man.
Dobre erro e derrota
Na reanudación, as azuis colleron o mando do partido e a remontada parecía factible. Unha falta innecesaria no lateral esquerdo é sacada por Guadalupe directamente a porta, Rocío falla no bloqueo e Sara castro aproveita o balón morto en boca de gol para adiantar novamente as viguesas, 1-2.
Canal cambiou de sistema e adiantou liñas en busca do empate, Zaira e Yadira se puxeron en punta pero o gol non chegou. Sara Castro era expulsada por dobre amarela no 85’ e a pesar de xogar con 10 os derradeiros minutos un bo plantexamento defensivo fixo que a EFF Rosalía non lograse o empate.