EFF Rosalía-Puentearnelas: Segundo partido consecutivo no Monte da Aira

As azuis afrontan no Monte da Aira a decimoprimeira xornada de Liga.

Despois da xornada de descanso por motivo da retirada da competición do Juvenil de Ponteareas, a EFF Rosalía senior volta a xogar no Monte da Aira. Será fronte a un rival descoñecido, a SD Puentearnelas (18:30h, domingo 17) para afrontar a decimoprimeira xornda de Liga. Un rival máis compricado do que reflexa a posición na táboa.

O equipo estase mostrando sólido en defensa, especialmente nos últimos catro partidos, onde tan só recibiu dous goles. Un aspecto moi importante que destacou Canal na rolda de prensa previa ao encontro: “Parece que estamos un pouco mellor pero ainda cometemos moitos erros defensivos que hai que correxir”. Para o encontro de mañá domingo, o técnico ourensán citou a 16 futbolistas.

O rival
A SD Puentearnelas é un clube con máis de 75 anos de historia, creado a localidade que lle da nome no Concello de Vilanova de Arousa. A tempada pasada militou no grupo terceiro da 2ª división autonómica feminina, rematando na 5ª posición. Esta tempada visita o Monte da Aira décimo cun balance de 3 partidos gañados, dous empatados e catro perdidos, despois dunda xeira de tres partidos consecutivos con derrota.

Precedentes
Esta será a primeira ocasión que a EFF Rosalía e a SD Puentearnelas se enfrenten, xa que a tempada pasada as rivais estaban emplazadas no grupo III.

Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Cae, Andrea, Sequeiros, Noa Domínguez, Isis e Feijóo.
Centrocampistas: Yadira, Sabela, Alba, Fírvida, Aldarita e Ainara.
Dianteiras: Zaira, Silvia e Aitana.

Resto da xornada
No resto da xornada destacaríamos o partido entre Chispa e Vilariño, un equipo que sempre pon en apretos aos seus rivais, o resto de encontros parecen máis desigualados a priori a excepción do Gondomar-Noalla, separados por un punto na clasificación.

Os horarios serán todos en xornada de domingo:
12:15h Gondomar FB – SD Noalla
16:00h SpC San Mateo – Umia CF “B”
17:00h SD Chispa – Racing de Vilariño
17:30h Juventud Cambados – CD Mosteiro
17:45h Marin CF – Balaidos CF
18:30h EFF Rosalía – SD Puentearnelas
18:30h CD Bueu – SCD Ponte Caldelas
Descansa EDVM Pereiró

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido