“Tense que ver que o equipo ten unha progresión e tense que ver que xornada a xornada vai mellorando como equipo”, explicou o adestrador.
Iván Canal compareceu en sala de prensa da sede do club no día previo ao partido fronte a SD Puentearnelas. O técnico das sénior analizou o encontro da undécima xornada de Liga, que se xogará no Monte da Aira (domingo, 18:30h): “Non coñezo persoalmente ao equipo pero xa o dixen, non me fío de ningún equipo que está na nosa liga”.
“O partido vai a ser complicado, leva once puntos pero os equipos que están abaixo xa nos custou xogar contra eles, é un partido que nos vai custar. É un partido clave pero nos vai a custar moito”.
Mellora defensiva
“Parece que estamos un pouco mellor pero aínda cometemos moitos erros defensivos que hai que corrixir. Esta semana estibemos corrixindo esas cousas e a ver se podemos evitar eses erros , que algún son bastante graves pero, si, nos últimos 4 partidos nos meteron poucos goles e hai que seguir nesa liña”.
Volta tralo parón
“Eu sempre digo que se non adestramos un adestramento ou fallamos un adestramento ou non hai un partido de liga sempre inflúe porque fáltache ritmo. Non sei se influirá pero un factor a ter en conta porque se non xogas un partido unha xornada, esa intensidade perdeuse unha semana”.
Recuperando as lesionadas
“Estanse recuperando, toquemos madeira porque, a verdade, na liña defensiva tivemos moitas baixas e a ver se as rapazas se seguen recuperando e podemos contar con elas. Isabel estase recuperando do nocello, Isis xa está ben, podemos contar con Cae, Judith adestrou esta semana e vaise recuperando”.
A chegada de Aitana
“Eu creo que Aitana pode aportar moitas cousas boas. Hai que ver como se desenvolve, vouna convocar esta xornada para ver como se desenvolve nun partido e vai a ter minutos para ver como se move nun partido, cómo xoga pero penso que nos vai a aportar forza sobre todo, mobilidade, é unha xogadora moi forte, ten velocidade e seguro que arriba nos vai a dar cousas”.