Comezou a tempada o noso senior recibindo a un dos favoritos da competición o Rápido Pereiró. Un equipo olívico co claro obxectivo do ascenso e que se viu sorprendido por un Rosalía moi organizado e peleón que dispuxo das mellores ocasións do partido para levarse os tres puntos.
Presentouse o Rosalía a este partido con importantes baixas, esto sumado ao rival que visitaba o Monte da Aira facía que todos nos esperáramos un partido moi complicado. O Pereiró fíxose co balón e trataba de combinar e entrar nas liñas dun organizado e disciplinado Rosalía que non concedía ocasións e que cando conseguía sair á contra facíao con moito perigo nas botas de Zaira e Noa Fernández.
Á media hora de xogo nunha boa xogada de ataque combinado das locais Alba Rodríguez gaña a línea de fondo e é derribada pola defensa do Pereiró cobrándose o colexiado do encontro un claro penalti que Zaira convertía no 1-0. Pintaba ben para o equipo de Ivan Canal e Juanma Bello xa que o cadro visitante comezaba a desesperarse ante a incapacidade de crearlle ocasións as nosas.
Chegando ao descanso unha xogada desafortunada na nosa área na cal non fumos capaces de despexar o balón rematou nun inocente penalti a favor das viguesas que empataron dende o punto dos 11 metros.
A segunda parte levou a mesma tónica, a posesión era do Pereiró pero as ocasións as puñan as noviñas xogadoras locais, Noa Fernández, Zaira e unha moi clara de Noa Domínguez de tiro cruzado puideron facer que as azuis se levaran tres merecidísimos puntos. Destacar deste segundo tempo que Ivan Canal moveu o banquiño e o equipo non se resentiu para nada en actitude e traballo, moi boa aportación de todas e cada unha das 16 Rosalías que onte participaron no partido.
A semana que ven visitamos un dos campos máis complicados da competición, o campo do San Mateo de herba natural, sen ningunha dúbida un bo desafío para ver a progresión do noso equipo.
Imos Rosalía!!!
Lembrámosvos que na nosa web tedes unha amplia galería fotográfica do encontro.