Rolda de prensa postpartido: EFF Rosalía – 1 – Rápido Pereiró – 1 – 1ª xor.

Toni Pazo e Iván Canal analizaron  na sala de prensa do Monte da Aira de Velle o encontró entre a EFF Rosalía e a EDVM Pereiró.

Toni Pazo analizou o partido “Na primeira parte empezamos moi fora do encontro, nerviosas, era o primeiro partido de liga, en campo contrario…  creo que si, empezamos algo nerviosas descolocadas, perdendo balones fáciles, un precisamente foi despois o penalti e o Rosalía xogou ben, ben colocadas, aproveitando a rapidez da banda esquerda e logo si, comezamos a coller o medio campo e a dominar un pouco a primeira parte.

A segunda parte, en si, a partires do minuto 10-15 fúmonos do partido totalmente. Físicamente pasounos por encima o rival, houbo un “paquí pa’llá”  e o partido rompeuse, tanto para un lado como para o outro inda que creo que elas tiveron máis ocasiones que nós na segunda parte”.

¿Resultado xusto?.

“Si, resultado xusto, como moito, ó mellor victoria delas pero xusto porque tampouco tiveron ocasións  claras, tiveron acercamentos pero ocasións claras no tivo ningún equipo”.

Iván Canal, adestrador do noso senior analizou o partido da seguinte maneira “Saimos cun 4-4-2 coa intención de buscar as bandas para as dianteiras porque o Pereiró é un equipo co que non podes xogar en curto ou pases interiores porque moven moi ben o balón.

Os primeiros 15 minutos saimos competindo de tú a tú pero a medida que foi pasando a primeira parte, empezamos a perder balóns, empezounos a costar pero tivemos unha ocasión clara que fallamos, un claro un para un de Noa Fernández frente a Ainhoa. Logo aproveitamos o penalti cometido sobre Alba, que Zaira materializou e seguimos ca mesma dinámica, intentar abrir por banda pero lles costaba moito ás xogadoras. A piques de terminar os primeiros 45, na saida dun corner, dubidamos no despexe e Alba cometeu un penalti que elas non desaproveitaron.

Na segunda parte, vendo que elas xogaban cun 4-1-3-2 moi abertas pedinlles de continuar ca mesma dinámica pero mellorando a porcentaxe de pases interiores, ser máis seguras atrás, axudas nas coberturas e tentar algúns balóns longos ás interiores e dianteiras. Tivemos dúas ocasións que non fomos quen de resolver ademais de varios centros o área. Elas estaban a chegar ben porque a súa medio defensiva sacaba moi ben o balón pero as súas chegadas non xeraban perigo, só tiraron unha vez contra Rocio pero ocasións, realmente non tiveron”.

¿Que lle dirías ás túas xogadoras?.

“Estou moi orgulloso das chicas polo esforzo que fixeron, costounos, temos que seguir traballando na mesma dinámica cara o próximo partido”.

¿Partido de dominio rival pero ocasións das locais?

“Elas dominaron o partido pero as ocasións máis claras as tivemos nós. Elas chegaban arriba pero non tiñan ocasión de tiro gracias que fixemos ben as coberturas e axudas, dominaron o balón casi todo o partido pero as ocasións máis claras as tivemos nós. Tres na primeira e varias na segunda, mentras que elas só fixeron dano en faltas ou córners”.

Iván Canal está satisfeito co resultado.

“Si, bo resultado pero puidemos gañar tranquilamente cas tres ocasións  moi claras que tivemos na primeira parte, puidemos gañar por un 2-1 o 3-1, inda que considero que se non chegamos a facer o penalti gañaríamos o partido por 1-0 que. O penalti foi un mal despexe no que Alba levantou a perna e impactou na cara dunha rival. Foi un erro pero o resultado é bo, terminei o encontro moi contento co meu equipo”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Ir o contido