Asinamos un importante acordo de colaboración co Centro Médico el Carmen

A nosa sede acolleu a presentación do acordo de colaboración entre a Escola de Fútbol Feminino Rosalía e o Centro Médico El Carmen. Ao acto asistiron o noso presidente, Mario Gómez e o xerente do centro médico, Carlos Morante. O presidente referiuse ó acordo: “Para o noso clube tratase de algo moi importante, que dúbida cabe que toda unha institución desta ciudad no eido da medicina como o Centro Médico el Carmen, que este ano cumpre 70 anos de historia, é a mellor compañeira de viaxe que podríamos ter para velar poa saúde das nosas xogadoras, non só na curación, se non tamén na educación co desarrollo de varios cursos de primeiros auxilios e de prevención de lesións que dende o Centro Médico impartirán na nosa sede as nosas xogadoras e corpo técnico”. Por parte da xerencia do Carmen destacaron que: “estamos encantados de colaborar ca Escola de Fútbol Feminino Rosalía. Creemos firmemente na importancia de apoiar a participación activa da muller no fútbol dende a infancia e a adolescencia, axudando ademais a fomentar un estilo de vida saudable”.
O acto concluíu cas tradicionais fotos que sellan o acordo entre ambas entidades ourensás.

Benvidos á febre azul!!!

Check Also

Convidados a Tribuna VIP con motivo do III partido a favor do cancro de mama

O noso club, xunto a unha representante do equipo de Mulleres de Ourense e a …

Skip to content