Empate do Cadete no primeiro partido de Liga

Candela Sanmiguel anotou o tanto do cadete, despois de adiantarse as ‘avespas’ nos primeiros minutos.

O Cadete dá comezo á liga sumando un punto fronte ao Mos no Municipal de Oira. Naiara abriu o marcador nos primeiros minutos e Sanmiguel logrou o empate a favor das azuis. Con 1-1 ambos os equipos tiveron ocasións para desnivelar o marcador final.

Sairon moi nerviosas as de Alberto Tamayo e case co asubío inicial, adiantáronse as visitantes tras gañar Naiara as costas á defensa adiantada local e cruzar o balón ante a saída de Paula (0-1; 5′). Seguiron empuxando as moenses e, tres minutos máis tarde, Olaya remata un córner botado por Lucía pegado ao pau. A resposta local chegou nunha boa xogada colectiva, Claudia intérnase polo sector dereito e o seu centro ao punto de penalti non acerta rematalo Sanmiguel a porta baleira. Superada a metade da primeira parte, mesmas protagonistas e resultado positivo. Claudia gaña en velocidade ao seu par e o seu centro remátao a gol Sanmiguel moi ben colocada no segundo pau. (1-1; 21′). Puideron adiantarse de novo as visitantes despois dun bo lanzamento de falta de Elba, pero Paula responde cunha gran intervención despexando a córner. Superada a media hora de xogo, Caride filtrou un magnífico pase a Claudia que, tras escapar da defensa rival, conecta un potente disparo que despexaría en dúas ocasións.

Espectacular Aldara
A volta de vestiarios, Tamayo moveu fichas e deu entrada a Aldara por Paula baixo paus e a gardameta foi a mellor nos segundos 40 minutos. Mos deu un paso adiante e a punto estiveron de adiantarse en dúas xogadas consecutivas con senllas intervencións de moito mérito de Aldara a disparos de Naiara. O dominio do partido era visitante, levando o perigo a área rival sempre das botas de Naiara. A centrocampista xerou as ocasións máis claras, como no minuto 76′, unha asistencia en profundidade súa non acerta a rematala en boca de gol Iria. A última, aos 82 minutos. Naiara, novamente, xera o perigo cun bo chute desde o bordo da área ao que responde Aldara con outra boa estirada.

Un punto para comezar contra un dos equipos favoritos a lograr o título. Destacar o debut de Paula e Candela Baez, xogadoras chegadas ao club este verán.

Alma terminou moi contenta co xogo do equipo.

Ao termo do encontro, Alma atendeu aos medios do club en zona mixta para valorar o empate fronte a Mos: “Partido moi intenso contra un rival moi bo e creo que o fixemos bastante ben. Na segunda parte, loitamos moito, moi xuntas e logramos un bo resultado”.

“Gustoume como xogamos e o bo grupo de xogadoras que somos”

ALMA LUQUE, xogadora da EFF Rosalía Cadete

“Empezamos bastante nerviosas porque en fronte sabiamos que había un rival moi competitivo, pero cos minutos gañamos en confianza e xa se viu o ben que xogou o equipo”

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content