A EFF Rosalía, contra o cancro de mama

Este mércores a Escola de Fútbol Feminina Rosalía disputou un partido benéfico contra o cancro de mama coas mulleres de Ourense.

A convocatoria da EFF Rosalía tiña representantes de todos os equipos.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía colaborou unha vez máis no encontro benéfico para conmemorar o día do cancer de mama, celebrado nas instalacións deportivas do Campus Universitario de Ourense. A recadación destinarase á investigación do cancer de mama por medio e a Asociación Española Contra o Cancer de Ourense. Na tarde de onte, os goles eran o de menos e a asistencia de público encheu as bancadas do campo onde s disputou o encontro.

Ademais de contribuír a unha causa tan nobre, onte foi unha ocasión para que algunhas das futbolistas tivesen o seu particular bautismo en fútbol 11, ao estar na convocatoria catro xogadoras dos equipos Promesas, que non desentoaron e foron das xogadoras máis destacadas. Tobaruela cedeu o seu posto a Chao e Sábea, que exerceron de ‘místers’ a pé de campo.

En fronte, un equipo composto por mulleres de Ourense baixo o lema ‘O rosa é máis que unha cor’. Desde o ámbito político, deportivo, forzas de seguridade ou prensa destacaron que “é unha causa que merece toda a nosa atención”.

Integrantes do equipo das Mulleres de Ourense.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content