Fin de semana Liga Cadete

Vitoria do ‘Azul’ e derrota do ‘Amarelo’ non Municipal de Oira.

Fin de semana de compromisos de Liga para os nosos equipos da Liga Galega Cadete. A Escola de Fútbol Feminino Rosalía ‘Amarelo’ perdeu na casa fronte a Sárdoma (0-1) e vitoria do ‘Azul’ na súa visita ao Salgueiriños (2-3) na 18.ª xornada do Grupo 2.

O noso cadete luciu brazaletes verdes a favor do cancro.

EFF Rosalía ‘Amarelo’-Sárdoma CF (0-1)
O noso equipo perdeu pola mínimo ante un Sárdoma que soubo conservar a vantaxe lograda á media hora de xogo, na primeira chegada de perigo das visitantes na primeira metade. Uxía filtra un balón desde o carril dereito que Ayla remata superando a Paula por arriba (0-1). Cinco minutos máis tarde, noutra xogada ás costas da defensa, Susana pon en aprietos á nosa gardameta, que resolve ben. Tras o descanso, as nosas foron a por o empate e gozaron de dúas ocasións nos primeiros cinco minutos. Andrea remata unha falta que executa Candela, Silvia bloca e, Sabela, á saida dun córner, dispara desviado un balón desde a frontal. A resposta visitante cun derechazo de Carla que despexa Paula cunha gran estirada. As visitantes seguían coa súa idea de aproveitar os contragolpes coa defensa azul adiantada. No minuto 65, Ayla, aproveita un balón solto na frontal para poñer en aprietos a Paula, que termina blocando o esférico. O empate puido chegar a sete minutos do final nunha xogada Sofía polo sector esquerdo, que Silvia despexa a córner.

Salgueiriños CF-EFF Rosalía ‘Azul’
O noso equipo tróuxose os tres puntos da súa visita a Agüeiros cunha vitoria sufrida a pesar de levar a iniciativa no marcador e dar a volta as locais ao gol inicial de Tegra cun gol de Carolina e outro en propia porta de Xiana aos 24 minutos de xogo. Na segunda metade, as nosas remontaron o 2-1 co que terminaron os primeiros 40 minutos cos goles de Antía (minuto 56′) e Xiana, de penalti, aos 68 minutos de partido.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Empate do ‘Azul’ e derrota do ‘Amarelo’. Novo ano e novo fin de semana de …

Skip to content