O noso equipo visita ao conxunto da Ribeira Sacra 14 días despois no partido correspondente á 19.ª xornada de Liga (12.30 h, Municipal O Sangoñedo).
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía regresa á competición no Municipal de O Sangoñedo 14 días despois do seu último partido para medirse á SD Chantada no encontro da 19.ª xornada da liga (12.30 h). Complicada saída para as de Tamayo a pesar da diferenza na táboa clasificatoria, que buscan a decimosegunda vitoria e encadear 6 partidos sen perder na competición.
É a primeira xornada fóra de casa das dúas consecutivas para o noso equipo para despedir o mes de febreiro, que tentará prolongar as mesmas sensacións que demostrou no Municipal de Oira. O duelo da primeira volta acabou con empate por 2-2 en casa. En canto ao balance na liga, o conxunto pontino nunca visitou a Terra de Asma en partido oficial, polo que será a sua estrea mañá domingo en Liga.
O técnico non poderá contar na convocatoria con algunha das súas xogadoras do primeiro equipo, polo que aparecen na convocatoria varias xogadoras do Cadete. Estás son as 16 que representarán ao equipo azul mañá domingo:
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Aline, Sampayo e Matilde.
Centrocampistas: Aldarita, Feijóo, Candela e Bonjoch.
Dianteiras: Clau, Vicky, Sara, Zaira e Noui.
Chantada
O rival da Escola de Fútbol Feminino Rosalía esta tarde arrincou a xornada na décimo cuarta posición con 2 triunfos, 2 empates e 13 derrotas. As de Jorge González gañaron os seus dous partidos esta tempada en casa. Ángeles Santos é a súa máxima goleadora con 5 tantos.
A xornada 19 dará comezo para o noso equipo co asubío inicial do colexiado Fernando Fernández López ás 12.30 horas no Municipal de Ou Sangoñedo.