O noso equipo non puido vencer ao Concello de Boiro no Municipal de Oira.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía perdeu ante o Concello de Boiro no encontro correspondente á xornada 27 da liga. Cris e Antía marcaron os goles no Municipal de Oira. As pontinas xa pensan no seu próximo compromiso ligueiro, no que se medirán ao Porriño Industrial a domicilio e esgotar a última posibilidade de meterse na fase de ascenso.
O encontro comezou a favor para o noso equipo, que a punto estivo de marcar o primeiro tanto no 11’ por medio de Laura. Un espellismo, a partir dese momento, todas as ocasións de mais perigo foron das rivais. Aos 17 minutos, Noa gáñalle o man a man a Gabi. Carla, tras unha asistencia de Vero proba os reflexos da nosa gardameta aos 28 minutos de partido. Un despois de superar a media hora, nova chegada de perigo nunha combinación entre Antía e Carla termina co balón na lateral da rede. Boiro buscaba adiantarse no marcador e, antes de logralo no minuto 38, puideron facelo as de Tamayo, pero o disparo afastado de Zaira non atopa portería. O 0-1 chegou tras un córner que provoca Gabi. Saca de esquina Alba, despexa de cabeza Laura e o esférico recupérao termina aos pés de Carla, a centrocampista ve o desmarque de Antía e recibe o balón dentro da área para centrar ao primeiro pau e rematar ao fondo da rede Cris. Non había tempo para máis e as pontinas tiñan que loitar para devolver a igualdade ao marcador na segunda metade.
Boiro sentencia
Tras a volta de vestiarios, as visitantes fixéronse co ‘tempo’ do partido e non cederon nin unha chegada de perigo das nosas. No minuto 54, Cris filtra un balón entre as centrais a Antía, o seu disparo sae alto ante a saída de Noa. Doce minutos despois, outro balón ao espazo de Eva a Carla non consegue rematalo ao estar nosa gardameta moi atenta e adiantarse. Aos 85 minutos de xogo, xogada polémica. Córner que executa Eva, o balón paséase pola área pequena e despéxao Aitana na liña de gol, volve rematar Aniña e pega nunha compañeira ante as protestas das visitantes ao afirmar que o esférico entrara. E no 85′, Antía anotou o 0-2 tras un despexe de Aniña desde a defensa que a dianteira recolleu ao bordo da área e terminou aloxando o balón na rede que defendía Noa. A pesar de os intentos pontinos ata o final, o marcador non volveu moverse.
Cruel derrota polas consecuencias, ao esfumarse case definitivamente as opcións de xogar, unha tempada mais, a fase de ascenso. Prazas que, despois desta xornada, están a catro puntos de distancia a falta de tres xornadas, matematicamente é posible, pero o noso equipo ten o hándicap que descansa unha delas, polo que faceta antóllase complicada.
FICHA TÉCNICA:
0-EFF Rosalía: Noa, Aldarita, Zaira, Clau (Aitana, 60′), Bonjoch, Laura, Noui, Sampayo (Aroa, 77′), Vicky (Nair, 46′), Sabela (Fifi, 60′) y Candela.
2-Barcelona: Laura Laiño, Aniña, Vero (Noa, 85′), Alba, Eva, Gabi, Nico (Marta, 67′), Vila, Cris, Antía (Betti, 90′) y Carla (Marta Regos, 90′).
Goles
0-1 (min. 38): Cris.
0-2 (min. 86): Antía.