Hai que seguir

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía enfróntase o sábado ao Tomiño FCF no duelo correspondente á sexta xornada da Liga Galega Infantil

Nova oportunidade. Para sumar. Para gañar. Para crecer. O sábado ás 16:00 horas, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía medirase ante o Tomillo FCF na sexta xornada de liga. Un rival que non coñece a vitoria en casa e que, tras caer derrotado a xornada pasada ante o Atlético Arousana, intentarán facer de O Alivio un pequeno fortín.

As azuis, pola súa banda, queren con ansias a vitoria. Necesítana para afrontar con forza e situadas na metade da táboa o partido contra o líder UD Mos dentro de 15 días. O partido do fin de semana pasado deixou un bo sabor de boca entre as pontinas que conseguiron vencer ao Valladares aínda habendo anotado catro goles. Por iso, a vitoria é máis que necesaria para que poida verse o froito do bo traballo que están facendo.

Na parcela deportiva, Castro contará coa baixa xa sabida de Noa. Na outra cara da moeda, xa pode contar coa reincorporación de Zaira, Irene e Lucía Torres. A convocatoria é a seguinte:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA INFANTIL
Porteira: Aldara Rivera.
Defensas: Lucía Novoa, Aline, Candela Currás, Miriam e Ainara.
Centrocampistas: Nair, Xiana Carballo, Sara, Alma e Lucía Torres.
Dianteiras: Victoria, Zaira, Irene, Antía e Candela Losada.

O duelo estará dirixido polo colexiado Cristian Pregal Fernández e disputarase no campo de O Alivio de Tomiño.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Skip to content