O Rosalía 2.0 conta cun novo técnico Iván Canal substitue a Alonso Méndez a fronte da dirección técnica do equipo. O xa novo adestrador asegura que o seu novo traballo “supón unha nova experiencia que permitirame crecer como adestrador.” Considera “unha gran responsabilidade adestrar a este equipo non só por representar o fútbol femenino na provincia si non por dar continuidade ó traballo realizado polo anterior adestrador que considero de sobresainte”.
Para o novo preparador do Rosalía, o fútbol feminino “está en auxe e Rosalía agora mesmo é o referente para todas aquelas xóvenes que, dende edades tempranas, sinten interés por practicar este deporte. Este clube, agora mesmo e con todas as súas xogadoras, un referente para as futuras xeracións que se sumarán ao proxecto do clube como Escola de fútbol femenino”.
Canal, de trinta e cinco años, comezou a súa labor como técnico no 2010 realizando labores de axudante durante tres tempadas no Moreiras C.F. co que conqueriu o ascenso a Segunda Rexional. Máis tarde o Ponte Ourense permitiulle realizar as prácticas para conquerir o título de adestrador debutando como primeiro técnico no benxamín A da Unión Deportiva Ourense. Logo, na campaña 14/15, tamén na UDO estivo ó frente do Benxamín B alcanzando un terceiro posto en Liga e finalistas no torneo de Copa. O traballo na UDO o compaxinaba como preparador físico do Peroxa xunto a Miguel Carballo. Tralo seu periplo na UDO e Peroxa pasou ó Seixalbo como segundo adestrador e preparador físico do conxunto senior co que conquistou o ascenso a Primera Autonómica. Como preparador xuvenil de éste último equipo contou ca colaboración de Alba, futbolista, directiva e adestradora do noso clube.