Visitounos o próximo infantil do Valladares para pechar a tempada

Tocaba pechar a tempada e non se nos ocurría mellor maneira que xogando ó bendito fútbol. Visitáronnos as nosas amigas do Valladares Femenino, organizamos un partido de moito futuro, esta vindeira tempada iniciarase en Galicia a nova Liga Galega Infantil e tanto nós como as olívicas non imos faltar á cita…

Por ese motivo sobre o verde do Monte da Aira enfrentáronse o que será a grandes rasgos os nosos dous infantiles. Alba Rodríguez levou un equipo moi numeroso e moi novo en idade, tónica xeral no noso clube, participando con 10 alevíns de primeiro ano no partido.

Deportivamente o partido foi unha delicia, moi combatido, con bo xogo combinativo e disputado dende unha deportividade exquisita. O Valladares levouse o resultado por un apretado 1-0 e a súa porteira, todavía en idade alevín, brillou con luz propia con auténticas intervencións de mérito.

O partido foi apadriñado polo RC Deportivo da Coruña Abanca, ca presencia de Patri Díaz no mesmo a cal mantívose moi activa cas xogadoras de ambos clubes. Realizou o saque de honra e quedouse durante todo o partido entre os banquiños gozando do xogo despregado e aconsellando as diferentes xogadoras. Moitas gracias Patri pola humildade demostrada durante toda a mañá, un gran exemplo para todas as xogadoras.

Dende o noso clube aproveitouse para homenaxear a gran tempada de tódolos nosos equipos e aproveitouse tamén para agasallar a Alonso Méndez cun cadro que recordaba o seu paso polo noso senior. Un gran traballo o realizado por Alonso Méndez e o seu axudante Daniel Bolaño que conseguiron nas nosas senior unha progresión fora de toda duda, tanto no plano individual como no grupal.

Na sección “Galería de imaxes” podedes gozar dunha amplia colección de imaxes do evento.

 

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content