Noa Fernández da UD Ourense incorpórase ao noso senior

Unha moi boa nova para o noso equipo senior, Noa Rodríguez, xogadora do cadete “B” da UD Ourense incorpórase ao noso senior.

Noa de 15 anos recén cumpridos e que é natural da cidade de Ourense é unha vella coñecida da nosa Escola,  formou parte do noso primeiro Campus de Captación de xogadoras e foi unha das máis interesadas en que creáramos o clube. Finalmente únese ao noso senior para aportar moito nos metros finais cara a porta contraria. 

En primeiras declaracións de Noa, xa como xogadora do noso clube, lémbrase dos seus comezos na práctica do balonpé: “Dende ben pequena sempre gustoume todo o relacionado co deporte e onde se xogara ó balón alí estaba eu. Comecei xogar ao fútbol nos recreos do colexio e un verán a miña nai anotoume a un campamento de fútbol no que coñecín a Alba Rodríguez e gracias a ela atrevinme a entrar na Unión Deportiva Ourense onde me brindaron a oportunidade de xogar ao fútbol, estiven varias tempadas con compañeiros fabulosos. Este derradeiro ano as condicións físicas xa eran moi distintas e fíxoseme duro. Fai un par de anos Alba Rodríguez avisoume  dun campamento feminino de fútbol, o primero en Ourense e alí fun de cabeza. Ese ano non se puido crear equipo da miña categoría e non puiden fichar, pero por fin este ano podo formar parte do Rosalía, a miña primeira experiencia nun equipo feminino. Teño moitas ganas de estar cas miñas compañeiras e desfrutar do fútbol cada día. Gustame moitísimo darlle patadas ó balón e xogar é a miña paixón, pero do que realmente teño ganas é poder celebrar no vestiario as victorias cas miña compañeiras.”

 

Noa no noso Campus de Captación fai dous anos

Para a nosa Escola é unha honra que as futboleras da provincia se decanten polo noso clube, síntoma de que estamos a traballar ben por dar un pulo a prol do fútbol feminino na provincia e poder situar o noso primeiro equipo nunha categoría acorde a nosa provincia. 

Graciñas Noa!!!

Check Also

A EFF Rosalía estréase ante o seu público cun solvente triunfo

Laura e Noui puxeron os goles pontinos nun duelo no que as visitantes mereceron máis.A …

Skip to content