Lalín-Rosalía: Arrinca a Liga

O equipo disputa en Lalín o primeiro partido oficial da tempada 2020/21 (12:45 h, domingo).

Trescentos sesenta e oito días logo de disputar o último partido, volve a Liga e a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía comeza unha nova tempada mañá domingo no Anexo Manuel Cortizo fronte á Escola de Fútbol Lalín (12:45h). Saa e as súas xogadoras saben que o camiño para intentar o ascenso será máis complicado que outras campañas, ao tan só disputarse oito xornadas de competición, sen opción ao fallo, para logo xogar os playoffs a partido único.

O estreo das pontinas esta tempada será ante un rival coñecido, tras xogar un amistoso o pasado tres de marzo entre ambos equipos, con resultado positivo para as ourensáns. As azuis chegan ao comezo da campaña logo de varias semanas de pretemporada no Monte da Aira, pero dividida en tres partes debido ás restricciones sanitarias provocadas polo Cobid-19.

O obxetivo, intentar comenzar da mellor maneira e así sumar unha vitoria a domicilio, mesmo resultado cosechado a tempada pasada cando tivo que suspenderse a competición, “non podes despistarte en ningún partido e Lalín ten que ser un dos sitios onde hai que ir e competir o mellor posible se queres aspirar a calquera cousa”, sinalou o adestrador na roda de prensa previa.

Convocatoria
Miguel Saa cita a 16 xogadoras para facer a estrea da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía na tempada 2020/21:

Porteira: Rocío.
Defensas: Yadira, Bea, Noa Domínguez, Sequeiros, Isis e Sabela.
Centrocampistas: Aldarita, Marta Besada, Ainara, Aida, Fírvida, Zaira e Saray.
Dianteiras: Noui e Zaira.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content