Saa: “Ata que nos vexamos subidos no autobús non o acaban de crer de todo”

“Sexan as doce ou as sete da tarde, temos que saír igual de competitivas a todos os partidos”, dixo o técnico.

Miguel Saa compareceu na sala de prensa da Escola de Fútbol Feminino Rosalía tralo último adestramento previo ao primeiro partido de competición da Liga 2020/21 (domingo, 12:45 h; Anexo Manuel Cortizo). O técnico dixo: “Xa desexábamos poder empezar. Ao final son moitos meses esperando e a incertidume de saber se empezaba ou non e por fin si que xa é oficial e podemos comezar”.

“Quizais esta sexa a vez que empezamos no que como non o acaban de crer de todo. Eu penso que ata que se vexan o domingo subindo ao autobús indo cara alá, como levamos tantos meses con que agora xa para o mes, agora xa para o mes, creo que iso, ata que nos vexamos subidos no autobús non nos vamos a dar conta de que definitivamente esta si que é ao 100% o comezo verdadeiro”.

Rival
“Cando fomos en pretemporada xa sabíamos que ía a estar no mesmo grupo que nós e casualidades do fútbol é o primeiro rival que temos. Pero bueno, sabemos que non vai ser un partido nin parecido a aquel. Ao final aquelo era un test e este xa é competición oficial e non vai ser nada similar”.

Novas fixaches
Marta quizais un pouco máis por que leva dende o principio adestrando con todas e si está moi involucrada e moi metida. Tanto Bea como Aida xa se van metendo na dinámica do equipo e esta semana xa entran na convocatoria e pouco a pouco vanse involucrando máis e formando parte do grupo”.

Baixas
“A parte das baixas de Feijóo e Silvia, o resto están todas dispoñibles. Hai algunha que estivo con lixeiros problemas durante a semana pero espero que estean ben para o domingo”.

Tres puntos
“Este modelo de competición esixe que teñan que estar concentradas os oito partidos, non podes despistarte en ningún e Lalín ten que ser un dos sitios onde hai que ir e competir o mellor posible se queres aspirar a calquera cousa”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content