A Ourensá despedíase do club o pasado 30 de xuño pero despois de meses de negociación decide voltar á EFF Rosalía firmando por unha campaña con opción a outra.
A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e Noa Fírvida chegaron a un acordo para renovar o contrato da centrocampista, de 21 anos, ata o 30 de xuño de 2021. Deste xeito, o club azul recupera a unha das xogadoras que decidiran deixar a disciplina do club ao finalizar a pasada campaña e así volver lucir a camiseta do Rosalía novamente.
Tal e como informou a EFF Rosalía, a firma do acordo produciuse antes do partido benéfico disputado contra CD Lugo, onde a centrocampista volveu vestirse a camiseta azul sobre o céspede do Monte da Aira, pero por diversos motivos non puido facerse oficial ata o día de hoxe. Fírvida chegou á disciplina da EFF Rosalía a tempada 2019/20 para reforzar o centro do campo, en faceta ofensiva, do equipo dirixido por Iván Canal. Campaña na que participou en 12 dos 13 partidos nos que estivo dispoñible, sumando un total de 510 minutos e dúas titularidades participando unha media de 42,5 minutos por encontro.
No acto de renovación, a centrocampista mostrouse moi clara aos medios do club sobre a sua volta á EFF Rosalía: “Tiña moitas ganas de volver xogar ao fútbol e o Rosalía é o equipo no que máis cómoda sentinme. Tanto a directiva como o corpo técnico abríronme as portas de novo e estou moi feliz de volver”. No referente aos retos desta tempada tan diferente añadiu que “Aínda que este ano é diferente para todos, estou moi ilusionada e con ganas de competir e que o equipo chegue o máis alto posible”.
No acto de renovación nas instalación do club, noso president, Mario Gómez mostrouse “moi contento pola renovación de Fírvida, xa que ademáis do aspecto futbolístico, Noa suma moitísimo dentro do club no aspecto humano, aspecto o que lle damos moita importancia dentro da Escola”.