Lóstrego-Rosalía: en busca da segunda vitoria

O equipo afronta no Campo de Chaín a segunda xornada de Liga (12:00h; sábado).

O Campo de Chaín (Gondomar) acolle a mañá do sábado o segundo encontro do equipo infantil, no que a Escola de Fútbol Feminino Rosalía vista ao Lóstrego CF Gondomar na 2ª xornada de Liga (12:00 h) co obxectivo de sumar un novo triunfo. O equipo deberá mostrar a mesma actitude que na vitoria fronte ao Mos para superar a un rival que sempre se mostra moi competitivo.

Tamén será importante manter a solidez defensiva, no que será a primeira visita da EFF Rosalía Infantil ao seu rival. “Seguimos variando o sistema de xogo ata atopar aquel co o que nos sintamos máis cómodas, pero sen dúbida una das nosas principais bazas é a solidez en defensa, dando máis liberdade ás xogadoras de arriba”, sinalou Alba Rodríguez.

En declaracións aos medios do club, a técnico destacou a importancia do choque: “Partido moi importante para manter a posición na táboa, contra un equipo que, malia ser de nova creación, teño a certeza de que será moi traballado, con moita intensidade e con bo xogo”.

“O equipo ten ganas de volver ao verde logo da vitoria da semana pasada con boas sensacións e co debut de xogadoras que non entraron en convocatoria a semana pasada ao ser un plantel tan amplo”, sinalou Alba.

En canto a ausencia da primeira adestradora no partido, a técnico non ten dúbida: “Por motivos laborais seguramente sexa imposible chegar a tempo a Gondomar polo que exercerá o labor de adestradora Vane Abadín. Nos partidos soamente reflectimos o traballado durante a semana polo que non notarán a diferenza, elas son capaces de realizar un bo partido sexa quen sexa a que está na banda dirixindo. Ao final son elas as que xogan e demóstrano cada fin de semana”.

Nair estrea convocatoria esta tempada.

Nair
“Volve á convocatoria Nair, xogadora moi importante no noso equipo que leva xa no club desde os seus inicios, que nos vai a aportar calidade e tranquilidade no medio xogo”, terminou comentando a técnico antes de compartir a convocatoria de 16 xogadoras para o partido de mañá sábado.

Convocatoria
Porteira: Valeria.
Defensas: Laura Añón, Lucía Pérez, Silvia, Antía, Noa Sanz.
Centrocampistas: Sara Bonjoch, Cuquejo, Sara Rodríguez, Nair, Candela Bouzas, Ester
Dianteiras: Claudia Castro, Candela Sanmartín, Victoria e Nerea.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content