Emirates presenta o novo A380 da EFF Rosalía

Rocío, Xiana, Sara, Elena e Paula pousaron xunto ao avión que loce un renovado vinilo do equipo azul.

Vídeo: A compañía xa estreou o ‘Vídeo promocional’.

Paula, Elena, Sara, Xiana e Rocío acudiron á presentación do novo vinilo da Escola de Fútbol Feminina Rosalía no A380 de Emirates. No seu debut no aeródromo de Xinzo de Limia, este avión foi decorado coa imaxe das futbolistas. O seu vistoso deseño pode contemplarse desde ambos lados do avión, xa que o vinilo cobre unha superficie de máis de 200 metros cadrados.

Ademais da capital da Limia, espérase que o A380 da Escola de Fútbol Feminina Rosalía voe á maioría dos destinos que Emirates serve con este modelo en todo o mundo, dando aos afeccionados da EFF Rosalía a oportunidade de sacarse unha foto coa aeronave. Isto inclúe as principais capitais do continente americano, continente ao que viaxará o equipo este verán na súa expansión realizando varios actos publicitarios.

Un dos avións da compañía será utilizado polos equipos para os seus desprazamentos a domiclio

Patrocinador principal desde 2023
Emirates será un dos patrocinadores principais da EFF Rosalía desde 2023 co seu logo presente na roupa oficial do club. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía conta con millóns de afeccionados en todo o mundo e Emirates conéctaos a través da súa paixón polo fútbol e as viaxes. Emirates é o maior operador do mundo do A380, con 93 en servizo, e outros 49 encargados. Con eles dá servizo a 46 cidades en cinco continentes.

Check Also

Aldarita, tamén centenaria coa EFF Rosalía

Nos seus cen partidos como azul conseguiu anotar cinco tantos. Aldara González ‘Aldarita‘, centrocampista da …

Skip to content