O Cadete cae derrotado ante Lóstrego CF

As azuis non puideron co conxunto gondomarés, líder da táboa, que resolveu o partido ao seu favor na segunda metade.

Partido complicado para a Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete que recibiu ao líder coa esperanza de realizar un bo papel sobre o céspede do Municipal de Oira e así o fixo durante os primeiros 40 minutos.

Aínda que o Cadete tivo a primeira ocasión clara do partido, as pontinas tentaron achegarse á portería rival, pero tiveron moitas dificultades. Nun contragolpe, no que Xiana asistiu á carreira de Antía, a interior atopouse cunha boa intervención de Alicia no minuto 5 de xogo. A resposta visitante chegou nunha xogada rápida. Saque en longo de Alicia, controla Inés e cando se dispón a disparar crúzase Nair e desfai o perigo. Aos 17 minutos, boa triangulación no bordo de área de María Pilar, Alba e Amandha, o remate final sae alto. As ocasións chegaban desde o bando visitante pero sen lograr abrir o marcador. No minuto 28, boa parede entre Marta e Valentina, o seu tiro sae desviado, pero co tempo cumprido, chegou a máis clara para Lóstrego nun xogada desde o perfil dereito que remata abaixo Marta Rouco e detén Lucilú. Así, con táboas no marcador marcháronse a vestiarios no descanso.

Nos primeiros minutos da segunda metade, o Lóstrego sacou artillería pesada e velocidade en ataque. As rivais souberon adiantarse no marcador grazas a un tanto de Amandha aos cinco minutos da continuación. Oito minutos despois, Amandha anotou o segundo, gol que parecía sentenciar o partido a pesar das nosas non baixaron os brazos, unque non tiveron demasiado efecto os seus intentos. Dous goles nos últimos dous minutos de Alba e Amandha, puxeron o punto final co terceiro e cuarto gol das visitantes.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content